Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na fin de semana, a política

lunes, 04 de marzo de 2013
Andan os políticos en exercizo coa actividade propia do seu cargo, con actividade externa e interna moitas veces mesturada, tendo o sábado pasado unha mostra de actividade especial nas terras lucenses.

Dunha parte, o Partido Popular con congreso en Burela, sitiados os participantes por manifestantes sobre as cuestións máis actuais, mesturando temas tan difícilmente encaixables como auga e aceite, pero cabe supor que o PP está afeito abondo a que os seus contrarios – porque os oponentes políticos non fan iso- utilicen todo tipo de armas contra eles e as súas actividades xa que non o conseguen cando os galegos exercen libremente o dereito ao voto.

Doutra, o PSOE coa natural axitación interna cando se trata de elixir o que vai patronear a nave galega do partido nos próximos anos, rexistrou a posta de largo da iniciativa de Gómez Besteiro de postularse para Secretario Xeral do partido en canto Pachi Vázquez se decida, para a que non parece que vaya ter demasiados problemas especialmente se José Blanco segue ocupado en solucionar os seus problemas coa Xustiza.

Os galegos estamos ben afeitos a que o poder efectivo veña residir nas deputacións provinciais – Besteiro é o presidente da deputación provincial de Lugo – e aí están os exemplos de Cacharro e Baltan como os máis senlleiros exponentes do que os organismos provinciais seguen influíndo en Galicia.

E así como o PP segue unha liña de continuidade no liderado provincial lucense, como hai unhas semans se evidenciou a escala galega, o PSOE – que necesita revitalizarse, reafirmarse, atoparse- comeza a moverse. As dúas evidencias na mesma fin de semana. A vida segue.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania