Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

V Congreso Manuel Luis Acuña

lunes, 04 de marzo de 2013
O un e o dous de Marzo celebrouse na Casa da Cultura de Trives o V Congreso Manuel Luis Acuña, poeta e mestre ourensán.
Doulle as grazas aos entusiastas, competentes e infatigábeis organizadores destes congresos, ao coordinaador, o profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte, así como ao profesor Ramón Nicolás e ao vicedecano da facultad de Educación do campus de Ourense Xosé Manuel Cid.

Mándolles a estes tres estudiosos da vida e obra de meu pai unha forte aperta por todo o que fan tan xenerosamente encol da memoria histórica de este poeta de ideas avanzadas como se dicía na época. Rescatáronno do intencionado olvido despois da Guerra Civil e convertironno desde hace unhos anos nun poeta galego de culto; un único máis habelencioso poemario,"Fírgoas",bastou para elo, pol-a súa sensibilidade, modernidade das imaaxes e pol-a delicadeza dos seus versos.

Agradezo asimesmo a contribución desinteresada e desprendida das aportacions á enquisa que se fixo con motivo do V Congreso con respostas de Xosé-Luis Méndez-Ferrín, Salvador García-Bodaño, Arcadio López Casanova, Fermín Bouza, Manuel Bragado, Anxo Tarrío, Xoan Carlos Domínguez Alberte, Ramón Nicolás, Xosé Manuel Cid e Xosé Carlos López Bernárdez.

Estos congresos convertéronse nunha cita- de relevancia do ensino en galego con relatorios de grande interese pedagóxico e cultural, celebrados na Pobra de Trives, onde, nunrecoleto parque da vila campa un busto de Manuel Luis Acuña, a poucos kilómetros de Sobrado, onde naceu. Este ano interveñeron non menos de 16 docentes e especialistas que tornaron Trives por uns días nun "haut-lieu" da literatura galega. Foi figura destacada do V Congreso o sobranceiro ensaísta e escritor Xesús Alonso Montero, membro da Academia Galega e catedrático emérito de Literatura Galega cunha conferencia arredor da "Lingua e iteratura galegas entre dous séculos".

Remato cunha fermosa cita cosmopolita de Castelao: "Para nos, os galegos, afeitos a percorrer o mundo e a convivir con todalas razas , o nacionalismo racista é un delito e tamén un pecado".

Velaí un soberbio poema inédito e melancólico de MLA de grande calidade dedicado á morte da sua nai que apareceu entre vellos papéis e que foi unha novidade para adornar o V Congreso:

PARTÍU A SANTA
Partíu a santa!...
O sol, n-outrora roxo,
agora xa non quenta.
Xa non cantan
os paxaros no arvoredo
nin as pedras do camiño teñen alma.
A cobra do sendeiro
durmiuse amorriñada.
Xa non brincan os regatos barulleiros
do Loña e do Barbaña
Nas agullas dos xuncos
enfríanse tristeiras as miñas añoranzas.
Xa non reza o vento amigo entre as sobreiras
nin diante nin se baixan,
para saludarme,
os pinos de Mende e da Rabaza.
O vento está furioso
e os arbres treman temendo sua venganza.
Xa non bulen os rapaces no recreio
nin choutan coma sempre suas palabras.
Caíu malo o Maestro
e a escola está calada.
Partíu a santa!...
As ruas están mortas,
nos casales hay un cheiro de mortaxa,
Ourense está de loito,
na Catedral a morto dobra unha campana.
Aboyan no ambente requiems mistereosos
e hai no meu peito ferverexar de bágoas

Manuel L. ACUÑA
Acuña, Ramón Luis
Acuña, Ramón Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES