Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Somos imbéciles?

viernes, 01 de marzo de 2013
A resposta é, sen ningún tipo de dúbida, si. Entendo que alguén poda pensar que o verdadeiramente imbécil son eu. E talvez teña razón.

Porén, gustaríame expor o motivo que me levou a formular esta pregunta e a consabida resposta afirmativa: unha conversa co filósofo Edgar Morin. Nun momento dado daquel encontro, Morin díxome: “Xa desde pequenos, na escola, ensínannos a illar os obxectos, principalmente da súa propia contorna; insístennos nas diferenzas entre as disciplinas, en lugar de axudarnos a ver as coincidencias, os puntos en común.

Neste contexto, a intelixencia dos rapaces perde as súas aptitudes naturais para integrar os coñecementos. O paradóxico é que o mundo actual expón uns problemas que adoitan ser globais, planetarios, transnacionais, multidimensionais, chámalle como queiras.

A resposta ten que ser, necesariamente, multidisciplinar e transversal. Para que este tipo de resposta se dea hai que derrocar o muro de Berlín do coñecemento, permíteme a metáfora. E témolo que facer con urxencia se non queremos instalarnos definitivamente na imbecilidade cognitiva”.
Tobaruela, Pere
Tobaruela, Pere


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES