Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Entroido na Uned Senior de Xestoso

viernes, 08 de febrero de 2013
O Entroido na Uned Senior de Xestoso O día seis de febreiro de 2013 tivo un significado moi especial para o colectivo da UNED SENIOR de Xestoso co gallo da celebración do ENTROIDO.

Celebrámolo cun programa moi sinxelo pero ó mesmo tempo moi cargado de enerxía positiva; polo que todos saímos enriquecidos.

As diferentes aulas encontrémonos nun restaurante de PADERNE, onde poidemos compartir emocións moi positivas:

O alumnado de MÚSICA amenizou a velada cun amplo repertorio de cancións populares tanto en lingua galega como en lingua castelá.

Os instrumentos musicais integrados polas gaitas, o charrasco, os tamborís, a caixa, os saxos, os acordeóns, o bombo, as cunchas e as pandeiretas, sonaron moi claro e moi forte para manifestar a ledicia do día.

As voces, masculinas e femininas deron o mellor de sí nun amplo repertorio de cancións.

Outros alumnos cantaron como solistas cos súa voz melodiosa e fantástica.

O Entroido na Uned Senior de XestosoUnha alumna leunos un artigo titulado: “A CARAUTA COMO ESTRATEXIA”, que foi publicado na portada de Galicia Dixital e tamén no apartado de Opinión.

O noso profesor de Música deixou moi alto o pavillón da Música na Uned Senior de Xestoso.

Os bailaríns e bailarinas poideron gozar do baile e os amantes da boa mesa, tamén.

Moitos dos asistentes aproveitaron para poñer un tinte de color á festa con lucidos e orixinais disfraces.

Presidiron a celebración o noso Coordinador, varios profesores da Uned Senior e alguns representantes municipais.

Foi un día redondo.

Non botamos nada en falta.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES