Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

El País, Chávez e unha foto

jueves, 31 de enero de 2013
A macabra foto dunha persoa toda entubada publicada polo diario El País identificando ao postrado daquela maneira co presidente de Venezuela Hugo Chávez, semella que foi un erro e non unha manipulación a dicir do xornal na súa explicación do ocorrido. En xeral non fai falla que a foto sexa unha manipulación porque todo o que El País saca sobre Chávez nas súas páxinas, que non é pouco, é unha manipulación. Para iso xa ten na súa nómina ao articulista Moises Naim de obscuro pasado como exministro venezolano, que ao parecer tivo bastante que ver co coñecido como o “caracazo” onde 3.000 persoas foron masacradas en Caracas cando protestaban polas medidas de austeridade impostas en 1989 (Carlos Muntaner, Joan Benach, María Paz Victor).

Erro ou non, o certo é que a foto, aínda que fose verdadeira de Chavez, soamente interesaría vela aqueles de condición sádica proclives a gozar coas cámaras dos horrores, por iso o erro soamente reflicte o odio enfermizo deste periódico a esta persoa.

El País vai tempo que se sumou á defensa a ultranza do neoliberalismo, e todo o que sone a unha esquerda real transformadora que o poña en perigo en calquera país do mundo é anatematizado, é pior aínda se esa esquerda está dirixida, como neste caso, por un venezolano de orixe indio lenguaraz e desacomplexado. Aonde imos parar con estes novos e descarados gobernantes latinoamericanos que agora osan tratar á nai patria española de ti a ti. Onde van aqueles tempos nos que os nosos gobernantes eran recibidos nos diversos foros de organizacións latinoamericanas como os benefactores aos que había que render pleitesía, cando agora recorremos a eles humildemente para ver se os seus mercados nos axudan a saír da penosa situación na que nos atopamos.

Hugo Chávez é un presidente democrático, gañou limpamente todas as eleccións nas que se presentou. Evidentemente dende o poder ten recursos positivos ao seu favor, pero moitos menos que os que poida ter o PP actualmente no poder en España. Por exemplo o 95 % dos medios de comunicación venezolanos están na súa contra, cousa que aquí sucede ao revés, e por riba coa enemizade declarada do goberno dos EEUU o máis poderoso do mundo e tan dedicado a rematar con Chávez con apoio a golpes de estado (2002), con cartos a grupos opositores, con organizacións antichavez disfrazadas de ONGs e co que sexa, porque neste caso tanto Obama, como antes Bush, non admiten que Venezuela, como outros países da rexión, deixasen de ser parte do seu “patio traseiro”.

Pero resulta que Chávez é o gobernante do pobo, pero ante todo do pobo máis necesitado, que iso é o que é ser de esquerdas. De tal xeito que reduxo enormemente a pobreza e a extrema pobreza, conseguindo o nivel de desigualdade social máis baixo de toda a rexión , á vez que mellorou significativamente o conxunto de elementos que compoñen o que se coñece como “benestar social” conseguindo un cambio substancial cuantitativo e cualitativo en comparación coas etapas anteriores, no emprego, nas pensións, na vivenda social, na educación e na sanidade.

Esa é a súa fortaleza, a que lle permite ata agora estar no poder, un poder soberano, independente, revolucionario, socialista, e por riba indixenista, para escarnio de El País que busca afanosamente e como sexa, unha foto dos horrores de Chávez para deleite de subnormais.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES