Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambiar o chip

jueves, 31 de enero de 2013
Nas administracións era o máis normal do mundo, nos contratos menores, elixir unha determinada empresa que se asustaba ás circunstancias de lugar, idoneidade, confianza... tratar o importe correspondente, e indicar que presentase un presuposto en forma e conseguise outros dous doutras empresas amigas de importe máis elevado e condicións menos axeitadas, para poder adxudicarlle tranquilamente a obra ou servizo. Esto leva sendo así desde tempo inmemorial – a memoria cada vez é máis corta- e considerábase moeda de curso legal.

Do mesmo xeito que moitas contratacións de persoal, provisional ou definitivo, se efectuaba entre persoas de solvencia acreditada, coñecidas ou de referencias firmes, que sempre tiñan máis posibilidades para acceder á función pública que se tratase. Mesmo un afectado por un Ere nunha administración galega confesou publicamente que “todos se contrataban así”.

Dunha banda porque agora as cousas son cada vez máis difíciles, e doutra – e moito máis importante aínda- porque a Xustiza toma cartas no asunto, por denuncia ou de oficio, ben parece que este tipo de cousas se vai restrinxir, porque acabar resulta difícil así de repente.

Se funcionamos a base de “chip” como efectúan os aparellos electrónicos, este noso chip inmaterial vai ter que experimentar unha alteración sustancial polo cambio radical que imos ter que efectuar particulares e administracións na nosa vida diaria, en case todos os asuntos.

Temas que coidabamos usuais e correntes, non deben usarse e han desaparecer. Que aínda que non desaparezan de todo, alomenos deixarán de ser norma para ser unicamente excepción. O que non sabemos é canto tempo precisan os nosos chips para o cambio, e se a enerxía aplicada agora – legal, social, mediática...- é suficiente ou aínda vai haber que experimentar máis terremotos – legais, sociais, mediáticos...- que o dinamicen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES