Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

30/1: Día escolar pola Paz

lunes, 28 de enero de 2013
A palabra PAZ significa tranquilidade, calma, sosego de espírito, ausencia de conflito.

A paz é unha meta a alcanzar, tanto polos individuos como polas sociedades no seu conxunto.

Pero, mentres haxa xente que non ten un posto de traballo, non haberá paz. Mentres haxa familias expulsadas dos seus fogares, non haberá paz. Mentres haxa xente que ten que marchar do seu país para sobrevivir, non haberá paz. Mentres haxa países que están sendo bombardeados, non haberá paz. Mentres se produzan grandes migracións de persoas en busca de recursos, para fuxir da miseria, non haberá paz. Mentres se sigan fabricando armas, non haberá paz. Mentres se sigan espoliando os recursos naturais dalgúns países, empobrecendo á súa poboación, e poñendo gobernos títeres, ao servizo das multinacionais e dos amos do mundo, non haberá paz. Mentres morran miles de persoas no mundo, diariamente, por falta de alimentos, de auga potable, de medicinas, etc., non haberá paz.

A paz ten que estar baseada na xustiza, se non, non será paz; só será a calma dos cemiterios.

A PAZ só será posible nun mundo global que busque un crecemento sostible, cun respecto absoluto polo medio ambiente e a Natureza en xeral. Onde non haxa un espolio de recursos naturais, onde se respecte a dignidade humana e os dereitos de todos os habitantes do Planeta. Onde a finalidade do crecemento non sexa o lucro ou beneficio duns poucos(os ricos), senón o ben e a calidade de vida de toda a poboación. Onde os que manden non sexan “os mercados”, senón as políticas que busquen satisfacer as necesidades básicas das persoas e o seu desenvolvemento integral. Mentres isto non ocorra, non haberá PAZ.

Como dicía Hélder Câmara, bispo de Recife, no Brasil: “A violencia con que os amos do mundo tratan ás grandes maiorías pobres, quitándolles os recursos e a dignidade como persoas, xera violencia nestas persoas”. Así, xorde unha espiral de violencia.

E nós, alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, que podemos facer para aportar o noso gran de area para conseguir este Mundo en Paz? A primeira vista, pode parecer que non temos nada que facer; que é unha meta inalcanzable. Pero, SI podemos, no noso día a día, construír a paz: nos nosos fogares, coa nosa familia, cos nosos veciños, na nosa parroquia, etc., etc. Como? Pois, sendo máis tolerantes, máis comprensivos, máis respectuosos, máis solidarios, facendo nosos os problemas dos demais, botando unha man a quen o necesite, escoitando aos demais, non querendo impoñer o noso criterio pola forza, etc. E, sobre todo, procurando unir esforzos e apoiando sempre aquelas causas que nos parezan xustas e que redunden en beneficio de todos, non só en privilexios duns poucos.

Temos que saber que outro mundo é posible, e, co esforzo de todos e de todas, algún día, conseguirémolo. Pois, a Paz non é un soño. Nós podemos facela realidade. INTENTÉMOLO!!
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES