Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Pedreira

lunes, 21 de enero de 2013
O 26 do actual unha familia de fonda raigame mindoniense, de exemplar traxectoria de integración na vida social do pobo, de permanente actitude de servicio á cidadanía e aos intereses socio-económicos e culturais; de constante exaltación dos valores históricos ; sempre apoiando toda iniciativa na defensa da vida comunitaria; de fondo sentimento de amor ao berce, vai recibir a homenaxe de veciños e amigos na persoa do patriarca da saga, Ricardo Pedreira.

A intelixencia, común aos seus membros; o traballo, e o estudo; ou sexa, o esforzo ante os retos da vida, e o sentido da responsabilidade, foron os alicerces sobre os que se fraguaron as figuras de prestixio e aprecio social e as investiron desa Autoridade que emana do exercicio honesto das actividades e as relacións humanas; da formación do individuo; do respecto ao semellante; da tolerancia; da cortesía, da modestia…

Non foi a familia allea á tradicional mistura de mindonienses e focegos, e así Pepita Pedreira, Catedrática de Instituto, polos anos 50 casou co focego Pepe Beltrán, alcalde daquel concello de 1958 a 1971 e do seu labor quedou sobre todo a impronta da cultura e o amor ao deporte, que cultivara na mocidade.

O intelectual Ricardo Pedreira, home relevante profesional e socialmente, economista, historiador, que ao longo da vida leva ocupado postos senlleiros e dende hai moitos anos reside en Oviedo, manten sempre un ollo aberto que mira a Mondoñedo e os latexos do seu corazón resoan na praza da catedral da Asunción ao unísono coas badaladas da Paula.

Nunca Ricardo se ausentou da cidade amada: tanto é así que na distancia segue a ser, con cargos directivos nas mesmas, impulsor, asesor, animador e “alma mater” en diversos colectivos culturais e sociais da cidade engaiolante que por entre as vellas pedras das rúas feiticeiras, polas que resoa o eco do martelo e o cicel que as labraron; as notas das melodías dos seus músicos insignes e os versos dos egrexios poetas, crean ese hálito vivencial acaso único, pois difícil é atopar algo semellante en calquera outro espazo urbano.

Cavila un que o/a mindoniense, ao nacer, trae nos beizos un poema e unha cantiga.¡Así cantan as súas xentes!

Tal talismán fai que sintamos admiración por ela e fondo afecto á súa veciñanza; daí que cando en 2002 tivemos a honra de dar o pregón das San Lucas rematáramos con esta encomenda: “se un día me perdo por Foz que me busquen en Mondoñedo”. E non era unha frase mais ou menos oportunista ou de velada adulación: é evidente que non é o noso estilo… e cantos nos coñecen saben que é sentimento que albergamos dende a lonxana adolescencia.

O noso amigo, o poeta Manuel María, dixera: “ a Mondoñedo hai que comparalo con algo humán . E moi humán; do contrario non se acertaría coa semellanza”.

¡Canto sabe disto o fillo ilustre Ricardo Pedreira!. A él e familia a noraboa e a gratitude por dispensarnos amizade duradeira.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES