Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falando de caciquismo

jueves, 17 de enero de 2013
Unha definición sinxela de cacique exprésase na persoa que pretende que todas as cousas que se fan no seu ámbito de actuación, realízanse grazas a el. Esa é a grande diferenza co líder, unha persoa que, ao contrario, quere que as cousas se fagan grazas á movilización do propio pobo.

O cacique, nun sentido estrito, é un personaxe que soamente se pode dar nun contexto de precariedade económica e aculturación. Exerce polo tanto o seu poder -que consegue por unha serie de características- sobre poboacións empobrecidas, desinformadas e desvalidas. Por iso o caciquismo identifícouse sempre co mundo agrario que foi onde atopou, en maior medida, o seu campo ideal de actuación.

Non hai cacique bo. As súas pretendidas “bondades” non ocultan as pretensións interesadas de crear unhas relacións de dependencia coa poboación que controla perniciosamente, co obxecto de mantelas baixo o seu dominio, que é do que se trata.

A clave está no seu poder de intermediación, o que significa que polo seu status, riqueza, coñecementos, relacións etc, o cacique manexa convenientemente o mundo urbano, oficial, administrativo, político, etc.

Eríxese en elemento imprescindible para satisfacer os diferentes intereses das súas parroquias e parroquianos, incapaces por se mesmos, debido ao seu illamento, descoñecemento, e desinformación, de poder exercer ese papel.

O cacique debe dar probas fehacentes da súa capacidade de conseguidor diante da súa xente o que lle da unha influencia indiscutible á vez que esa influencia sérvelle para cualifícalo e acredítalo diante dos que el, a súa vez, tamén dependa.

Deste xeito o primeiro que trata de amosar o cacique é o manexo das súas relacións exteriores. Evidenciar, por exemplo, diante a concorrencia que todo foráneo “importante” que pase por alí, con quen fala, ou se pasea, ou toma café é co cacique, xa se encarga este de que sexa así. E que se vexa isto é fundamental, porque logo a pista ancha e asfaltada, a traída de augas, a praza… que se faga verase sempre realizada grazas ao cacique (tamén é certo que todo foráneo importante ou entra no xogo do cacique ou nada podrá facer nesa poboación, isto sabeno ben os axentes de extensión agraria da época do franquismo).

O cacique convértese, pois, no recurso fundamental de mediación para solucionar os problemas xerais e privados das persoas que controla, conseguindo que rematen sendo fideles incondicionais cuxo prexuizo radica na transformación de cidadáns en súbditos.

Un pobo caciqueado será un pobo incapacitado para poder desenvolverse por se mesmo e polo tanto será sempre un pobo atrasado por moitas pistas asfaltadas, traídas de augas, prazas, ou fillos colocados que teña, porque nada se fixo por eles, todo fíxose polo beneplácito do cacique: “Baltar era moi bo, fixo moito polo noso pobo”.

E así non avanza un país.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES