Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Escachapiollos

jueves, 17 de enero de 2013
Desde o Preguntoiro

Que vergoña, o fan con todo o descaro. Ese afán de privatizar a sanidade, están a demostrar o interese do lucro que implica esas privatizacións, estou a falar do conselleiro de Sanidade de Madrid Juan José Güemes que forma parte da empresa que xestiona os análises clínicos dos hospitais desa Comunidade e de 250 centros de atención primaria na súa área de influencia. O chafallas este pensouno ben facendo o conxuro : eu privatizo a sangue e lúcrome coa sangue do pobo.

Que xente, son como os escachapiollos que todo o que tocan o contaminan coas súas gadoupas. Está moi claro que van descaradamente a polo público para escangallalo, para facer os seus negocios privados, fuxiron do negocio especulativo do ladrillo arremetendo con coiteladas cobizosas á sanidade e educación engaiolando e manipulando á cidadanía con cantos de serea.

Este mozo que estudou nun colexio do Opus, que ten por esposa a sonada Andrea Fabra, deputada no Parlamento que xa foi abrindo camiño ao seu marido con aquelas palabras: “que se jodan”. Claro que estannos fodendo. ¿Ata cando?.

Esta toda tropa “política” que peitéanse moi ben, de tanto sorrirse de nós teñen os beizos rachados, conducen ou son levados en coches de alta gama. Xamais están en paro e teñen “pola gracia de Deus”, dous, tres e ata catro soldos. Entre todos estes xerifaltes teimudos, nos seus faladoiros, nas súas suntuosas casas co bandullo cheo, falan de devorar á cidadanía, falan de que somos uns bocapodres e babecos, falan de esnaquizar os teus dereitos, de poñer cambadelas ao futuro dos nosos fillos e netos. Estes chufóns falan de repartirse a nosa sanidade, ensino, a liberdade e a xustiza.

Son como morcegos chupadores de sangue, nin con allos nin cruces vai ser abondo para mantelos afastados da nosa vista. Nestes tres anos que falta de lexislatura, non van deixar nis pes nin cabeza sen cortar.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES