Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recomendacións do Valedor

lunes, 14 de enero de 2013
No comezo desta pasada fin de semana, o venres, o Valedor do Pobo galego fixo pública unha xestión feita diante da Fegamp sobre un tema sangrante, insultante, polo que os concellos galegos que se vexan afectados deberan sentir unha colectiva vergoña que superase todas as tolerancias e inoperancias legais.

Recomenda o Valedor aos concellos que se exima do pago da plusvalía municipal ás familias que resulten desafiuzadas dos seus domicilios. O cal quere dicir que os concellos, polo automatismo que sostén a burocracia expiden e obran ese especial imposto a aqueles que xa perderon o ben afectado por esta carga legal.

O imposto de plusvalía que os concellos cobran corresponde á diferencia entre o valor da vivenda no momento da adquisición e o valor resultante co paso do tempo no momento en que se transmite ese ben a outra persoa.

Neste caso, a transmisión non é voluntaria senón forzosa. E a entidade de creto que no seu momento hipotecou ese ben, ao non percibir as cantidades adebedadas quédase con ese ben, nunha operación que ten máis de roubo legal que de adquisición que orixinaría a liquidación polo imposto municipal de plusvalía.

Cando as normas e as institucións non están ao servizo do cidadán, tendo en conta as súas necesidades e problemas, nin as normas nin as institucións son lícitas por moi legais que resulten. Que un concello non reaccione diante dunha situación de desafiuzamento cunha mera dilixencia de baixa dun padrón, evidencia que nese concello pode haber políticos pero non hai persoa.s

E que o Valedor non poida facer máis que “recomendar” diante dunha situación tan insultante coma esta evidencia que a institución –alomenos neste campo- é inoperante. Non deixan que sirva para algo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES