Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comprendemos os problemas, por iso os eliminamos

lunes, 07 de enero de 2013
Resulta que o gobernante portugués responsable da sanidade naquel país, ante a súa nulidade para abordar o financiamento sanitario, fixo un chamamento á poboación portuguesa para que non se puxese doente. Ao devandito personaxe ocorréuselle que o mellor xeito de financiar a sanidade é que non houbese enfermos. É dicir, parece que agora ante esta desfeita económica que nos afecta, incapaces os nosos gobernantes de atoparlle solución aos problemas que xera, optan pola súa eliminación.

O mesmo Rajoy utilizou esta palabra para abordar a penosa situación na que nos encontramos. Así, a eliminación dos problemas que afectan á maioría dos cidadáns substitúe á procura de solucións. De tal xeito, que se non se ten para comer, pois que non se coma. Se non se ten casa onde vivir, pois abeírese debaixo dunha ponte. Se non se ten para abonar as medicinas, pois que non se tomen, Se non se ten para pagar os estudos dos fillos, pois que non estuden. Se non se ten traballo pois búsquese a vida, e se se atopa tan desesperado que non lle interesa a vida, pois vostede decide o que facer.

Isto que parece moi drástico, non é o que está a pasar? Ter que recorrer aos comedores sociais, aos albergues, ás asociación de caridade e beneficencia para alimentarse e subsistir, non é a eliminación do problema? Quedar na intemperie os desafiuzados, non é a eliminación do problema?

A diminución da necesaria medicación de moita xente polo copagamento, tan propicio para as arcas do Estado como tan nefasto para a saúde dos crónicos, no é a eliminación do problema? Os estudantes que non poden seguir os seus estudos pola suba das taxas e as restricións nas becas, non é a eliminación do problema? O ter que saír do país milleiros de persoas, sobre todo mozos e mozas (o noso futuro) para buscar traballo noutros lugares do mundo, non é a eliminación do problema? Os suicidios habidos, e por haber, diante o desespero dunha vida invivible, non é a eliminación do problema?

Onde están as solucións?
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES