Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A casa baleira

sábado, 05 de enero de 2013
Hai días que ò espertar pola mañà doume conta de que estou màis prèto daquela ilusión de neno, que era ser coma o meu avó. El foi unha persoa especial para min, pois os mellores anos da miña vida que foron os da infancia paseinos con el e coa miña avoa, xa que os meus pais tiveran que ir traballar a Suiza.

Lembro con especial cariño aquelas tardes de inverno cando cun abrigo e un paraugas o atopaba no patio da escola de nenos daquela aldea que tantos recordos me trae. Eles querían que fose o neno máis feliz do mundo, levábanme con eles no carro ò monte, poñíanme na grade no terreo e montábanme no Platero, un burro moi manso e dócil que cando ìa nel presumía de ter un dos mellores cabalos de raza. Eu non entendía moi ben porque os meus pais viñan de cada dous anos a traerme agasallos e darme bicos que eu non quería, os avós dicíanme que tiveran que irse para gañar diñeiro para unha casa e que para o ano xa estarìan con nós.

Os anos foron pasando, eu funme facendo grande, e os avós cada vez màis vellos. Era eu agora quen tiña que coidalos.

Quixen que nos derradeiros días das súas vidas se sentiran queridos e felices tanto como me sentín eu con eles, porque eles foron os que me taparon cando tiña frío, os que me abriron os ollos à vida, os que me deron unha educación con valores, os que me transmitiron as súas sabedorías, os que me ensinaron a compartir os xoguetes que me traìan meus pais cos màis pobres da aldea, os que cada mes de Nadal malia ter traballo no campo sempre tiñan un dia para levarme a visitar o Belén de Begonte .

Foi un feito que marcaría para sempre as miñas festas do Nadal, pois que recorde somentes faltei unha vez, cando miña tìa Moraima me levou a pasar o Nadal con ela a Madrid, e alí puiden ver moitos beléns, incluso un napolitano que me gustou moitísimo, pero dentro de min sentía unha tristura porque ese ano non puidera ver o meu belén, xa que con el me criei e pasei os meus anos de neno.

Tiñamos unha complicidade: eu medraba un pouquiño e el aumentaba un anaquiño cada ano. Lonxe estaba de pensar que se ìa converter nun dos beléns màis vistos e fermosos. Lembro que cando chegaba imaxinaba sempre unha luz que o alumeaba todo quizàis para compensar a escuridade que me producía a falta dos meus pais. Alí con roupa e zapatos novos que miña avoa mercara días antes na vila, sentíame moi contento e apreciaba tódolos detalles.

Días despois recordo que no recreo e durante un tempo sempre saìa o tema do belén e as partes automáticas das figuriñas,nas que D. Eliseo, o noso mestre, dábanos unhas clases teóricas sobre o seu funcionamento.

Quero seguir con esta herdanza dos meus avós, por iso non dubido en ir sempre acompañando òs meus fillos, màis agora que xa toman conciencia das cousas. Este ano quixen explicarlles o que para os cristiáns ten o nacemento de Xesús, e comentáballes que con el respirábase paz , armonía, amor, e felicidade.

Namentres no Castelo da dereita està o mal, os que non teñen corazón, os corruptos, os que negocian cos pobres…

Deime conta que me estaba sobrepasando nesta clase improvisada, quizàis motivada pola carga emocional que nos està a tocar vivir nesta época, cando me vin interrompido pola voz da miña filla màis vella, que moi rebuldeira ela, empezou a gritarme: -¡Papà, papà, este ano temos un prado!

A nena abriume os ollos para facerme reflexionar que òs cativos hai que falarlles de alegría, de amor, de esperanza, de futuro, e non de problemas e artimañas que inventamos os maiores.

Xa de volta quixen pasar pola casa que os meus pais chegaran a erguer na vila e que destaca das outras do lugar. Mirando para ela e cunha pena moi grande no meu corazón, pensei se de verdade mereceu a pena tanta renuncia, traballo e sacrificio por unha casa que è moi bonita por fòra pero que fica baleira por dentro.

Para o ano voltamos…
Eijo Balseiro, Ramón
Eijo Balseiro, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES