Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facer un soño realidade

sábado, 05 de enero de 2013
A auga caìa sen parar. Oìase tan forte coma se fose acabarse o mundo. As àrbores pingaban, o tellado escurrìa, o asfalto brilaba, a terra estaba empapada e pensaba: non sei se escamparà!

Tiña os animais sen herba, querìalles ir coller unha pouca, de sùpeto, presentouse o temporal, arremetendo con moita choiva e ventos furacanados. Nun intre que escampou aproveitei e deilles de comer. Axiña voltou e en canto parou a choiva comezou a nevar. Pasou a noite e de madrugada estaba o chan cuberto, caían folerpas e màis folerpas.

Quedei afastado do mundo e da vida axetreada por uns días, e comigo a miña familia, a muller e as cativas, María de 3 anos e Paula de 2 aniños. Elas estaban ledas, xa que gozaban de ver e xogar coa neve. Sùa nai e màis eu fixemos un boneco de neve grande cun gorro, bufanda, manoplas…

Asì pasaban as horas e aproveitamos para estar a caròn da chimenea e do lume, que daba calor e agrado, tamèn fixemo-lo caldo de grelos con carne de porco e uns chourizos, filloas,… e unhas castañas da zona de Castroverde, lugar da miña muller. En fin, todo arredor dos fogòns e ò quente.

A cativa màis vella tivo que faltar a clase e a màis pequerrecha à Escola Infantil, para elas era coma unhas vacaciòns próximas a chegar pola festividade do Nadal.

Sùa nai montou o Belèn con musgo e un portal de cando ela era cativa, tamén colocaron a àrbore adornada con colgarexos, cintas e luces de cores. As nenas axudáronlle e viron como un ano máis era Nadal. Este ano máis cheo de ilusións e desexos ca ningún, xa que cos tempos que corren non se podía pedir moito máis que saúde, traballo e esperanza para poder seguir adiante e dárlle-lo mellor, cando menos o preciso para vivir. Habendo cariño , comprensión, dedicarlles tempo, cousa moi importante hoxe en día que todo o mundo anda a correr sen darse conta de que o necesario è cariño, compaña e moitas veces ter un brazo en que apoiarse, do que o ritmo de vida nos alonxa cada vez máis de poder levar a cabo. A nosa familia tamén sofre algo diso e estes dìas dáse un conta e pensa que así viviriamos mellor.

Aurelia e Ramón quedaran de vir con Pablo, o seu cativo, para xogar coas nosas fillas e ir ve-lo Belèn de Begonte. Para iso tiña que cambiar o tempo, pois entristecìanos pensar en ter que quedarnos, xa que era como unha tradiciòn de pais e avòs, era como estar ofrecidos a ir.

A mañà do 5 de Xaneiro erguèmonos moi cedo, acendemos o lume , as luces da àrbore, preparámo-lo almorzo cunhas tostas de pan con marmelada de mazàs e amorodos feita na casa, fomos busca-lo leite a casa da veciña, recèn saìdo do ubre da vaca. Habìa moita nèboa. Marìa espertou e detràs dela oìuse rosmar a Paula, baixaron toma-lo leite con cola-cao e biscoito caseiro.

Estaba atendendo ao gando e vin como Marìa vènme dar os bos dìas e me di: -Papà, papà, xa non hai neve ¿onde vai?

-Derreteuse , foise para poder pasar e ir a Begonte.

–¿A onde papà? Eu quero ir con Pablo a ve-lo Belén grande.

–Sì, filla, está saíndo o sol e fai un día moi bo.Vou acabar de darlles ós pitos.Dille o mamá que prepare todo e que chame aos papás de Pablo que imos aló.

–Vale, papi, grazas.

Marìa foi correndo avisar a súa nai.
Cando rematei xa estaban preparadas.
Cambieime e marchamos buscar a Pablo e as seus pais.

Cando chegamos había nenos e xente de todas partes. As nosas querían tocar a todo, estaba máis bonito ca nunca, cada ano parece que o fan con mais gusto e esmero colocando cada peza no seu lugar.

Marìa e Pablo que eran os máis grandes, saíron como nunha nube, desprendendo todo o encanto e maxia que alí se vivía.

De regreso a casa non paraban de falar do que alí viran.

Xa na casa, María viu co noso non tiña moitas cousas das que alí vira e non o entendía, ela quería que fose igual.

Pasou a noite e o día de Reis, apareceron ò redor do noso Belenciño uns paquetiños de figuras e material diverso para ampliar e poder facer un soño realidade pero nunca tan cheo de encanto como o Belén de Begonte.

Sonou o teléfono, era Pablo, na súa casa tamén deixaran os Reis o mesmo.

Esta felicidade que eles desprenden queremos compartila e dar grazas a todos os creadores deste Belén por tódolos anos querer trasmitir e levar a tódolos fogares do mundo.
Rodríguez Cordeiro, María del Carmen
Rodríguez Cordeiro, María del Carmen


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES