Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica para a historia

jueves, 03 de enero de 2013
O doce do mes de Nadal do 2012, escribo esta crónica negra de España só coa idea de que sirva de lección para futuras xeneracións, e sepan quen foron os culpables da crise económica que vive España.

Nós tiñamos ata entón un estatus bastante aceptable, no que a xente traballaba e comía, e estábamos a camiñar na procura dunha sociedade moderna, creando un estado de benestar, onde ían mellorando as condicións de vida de vellos, enfermos, discapaciatados e outros marxinados.

Certamente, iso ocurría nun País onde ata os fillos dos obreiros podían, non sen sacrificios, estudiar a base de becas e rematar cunha carreira universitaria. O paro ía medrando por culpa de que as empresas deslocalizábanse e íanse para a China ou países do Este, onde os soldos eran máis baixos e, según xustificaban as empresas, sempre con mentalidade capitalista, alí a mau de obra era máis barata. Sen dúbida había problemas, porque nin a justicia era tal, nin os políticos eran xentes respetables, moi ó contario, na maioría eran títeres nas maus de multinacionais ou das grandes empresas. E, se ben tiñamos una Constitución, que garantizaba certos dereitos, e vivíamos nun réximen democrático, nin nunha cousa e outra eran certas.

A Constitución, por exemplo, falaba de igualdad e, non embargantes, a Iglesia Católica gozaba dunhas prebendas que se lle negaban a outras.

Existía democracia para falar, sempre que non resucitaras xustiza para os perdedores da Guerra incivil por poñer un novo exemplo. Os fillos dos fascistas, que gañaran a chamada Cruzada, vivían con bós chollos xa fose na Administración ou da Administración. Os cargos altos do Estado estaba nas súas maus e iles viñan a ser quenes realmente enchían os partidos que remaban case sempre para babor. A esquerda, divida e sen moitos dirixentes capacitados, trataba de mellorar as condicións dos máis necesitados, mais a prensa que antes fora do Movimento, e agora recibira unha mau de pintura democrática, viña a ser refuxio de golfos e bós vividores. Os que trataban de ser críticos eran expulsados na práctica da profesión e, reventados por manter a honestidade, dedicanse a outros traballos non tan peligrosos.

Tamén había sindicatos, básicamente teóricos de esquerdas, que se prestaban bastante ás compoñendas, o que xeneraba moita desconfianza dos obreiros.Viñan sendo politicos de segunda ou terceira división.

Xa volveran da emigración moitos españois expulsados na Guerra e, sobre todo, aqueles víctimas da fame da posguerra, que cos seus aforros estaban a contribuir ó desenrolo do País.

Neste contexto surxeu a crise económica, que foi coma unha bomba de racimo, que estoupou nos Estados Unidos e extendeuse, aló no 2007, o cecais oito, por toda Europa e todo o mundo. Nós non entendíamos nada, nin a maioría da xente sabíamos o que era a prima de risco e a Bolsa viña a ser un club onde xogaban os ricos. Os bancos tamén ían a ser as caixas dos cartos e tendas onde se vendían hipotecas para mercar casas, pois había febre por poseelas ( burbuxa inmobiliaria).

O certo e que o País foise apagando coma unha vela, e a economía descendeu de tal xeito que hoxe estamos con seis millóns de parados e a sufrir recortes naquelo que chamaban estado de benestar é hoxe é de malestar.

Maís a culpa, e ahí quero chegar, non foi só da quebra dun banco, senón na actitude que tiveron case todo-los golfos que da este País. Uns, os máis listos, descapitalizaronno, e fuxiron coma ratas, hacia os paraísos fiscais, que existen porque os políticos os deixan. Outros, coma se non tiñéramos abondo, adícanse a enche-los periódicos coas súas fechorías que ven a ser roubar onde haxa, sobre todo as arcas públicas, que polo que parece non teñen dono. Tanto da ser xenro do Rei como dono dun banco. Son moitos, demasiados, os “chourizos” da Patria de Machado, que zafan do castigo exemplar por leises permisivas e xueces acomodaticios, ante o estupor e a indignación dos ciudadanos, que vemos a impunidade coa que nos rouban. E que non veñan agora dicindo que eran parvos os que deixaron cae-las caixas, nin que os Díaz Ferrán da vida non tiñan cómplices.

Son miles de millóns de euros que, dun xeito doutro, postos a crear traballo, cecais sacaran ó País dese atasco tan tremendo que leva á xente ó suicidio. Certamente, sabíamos que había potencial para sair da crise, estou a falar do I+D, da innovación no traballo, da creación de medios suficientes para que os nosos novos científicos ficaran acó e traballaran en modernidade; pero ninguén aposta pola súa xente, só adícanse a especular cos alimentos da xente, namentras montan o Belén, e permiten a morte dos seus semellantes. Non, non son semellantes, son lobos sen ialma. Noxo de país e mágoa.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES