Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gonzalo Bouza-Brey

viernes, 28 de diciembre de 2012
Gonzalo Bouza-Brey DESDE O PREGUNTOIRO

É curioso que me costa escribir sobre Gonzalo Bouza-Brey, poida ser que sexa por aquelas vivencias desde fai máis de trinta anos , quizais sexa por un estraño pudor na hora de exteriorizar os sentimentos que estaban moi agochados, os sentimentos verdadeiros, eses sentimentos que teñen que ver con toda esa andaina ao longo dos anos, a pesar que despois as bágoas achéguense dun xeito moi doado aos ollos.

Coñecín a Gonzalo naqueles tempos daquela “ longa noite de pedra”, tempos moi duros da ditadura franquista. Moitas veces lembrábamos ese día, foi moi especial. Daquela eu estaba en Vigo é militaba no PCG , unha das labores que tiña era contactar en Vilagarcía cun membro do partido.

Sabía que esa persoa chamábase Gonzalo e estaba agardando no Café Central, din moitas voltas para asegurarme que non fora unha trampa, ata que contactei cun xornalista, daquela correspondente da Voz de Galicia desta cidade que axudoume a identificalo. Foi cando chegamos a coñecernos en circunstancias moi especiais que deixa pegada ao longo da vida.

Fago este anterior comentario da nosa amizade, simplemente para dicir que a miña teima con el era o intentar que escribira a historia política dos anos da ditadura, transición e actualidade da bisbarra do Salnés e Vilagarcía. Lle dicía que hai moito que contar e moito que dicir e xa ía sendo hora de poñer a cada quen no seu sitio facendo fincapé daqueles falsos “demócratas” de novo cuño que saíran de debaixo das pedras como os lagartos cando saíu o sol. Isto tamén é memoria histórica aínda que sexa recente, soamente hai 39 anos. Non puido ser. Non encanto, deixou ese pouso político , cultural e literario que algún día poida saír a luz na súa lembranza.

Gonzalo, un imprescindible daqueles dos que falaba Bertolt Brecht, xamais deixou de militar na esquerda, nunca deixou de aportar o seu enorme gran de area á loita de sempre. Coido que era un clásico en isto. Non se perdía nin unha manifestación e sempre estaba ao carón da causa da democracia e a república. Gonzalo estaba animado co movemento 15M, falabamos moito disto e lle gustaba moita aquela frase que os manifestantes berraban “ Lo llaman democracia y no lo es”. Estaba convencido que a III República sería a democracia de verdade asentada no interés común.

Tivo moita influencia na miña personalidade a nivel cultural desde un punto de vista galeguista, con el coñecín a moitos persoeiros da cultura de Galicia, en especial o grande mestre Raimundo García (Borobó). Escoitando os faladoiros dos dous, a miña posición ante a vida trocou polos valores humanistas que representaban ante estes novos tempos do mundo que vivimos de bafuallada cobizosa e retrincada.

Daquel poema que escribiu hai anos, resalto un anaco: “.....A canle da fonte quedou seca / a derradeira pinga xa esvarou / pola, aínda onte, húmida pedra / e alí no fondo ela estrombou......” Eu digo que a fonte aínda ten que botar moita historia e a derradeira pinga non esvarou.

Podería escribir horas e máis horas sobre Gonzalo, milleiros de anécdotas, máis teño limitacións de espacio e non é posible facelo. Non encanto, resérvomo para relatalo no meu tratado, que algún día escribirei.

Hoxe só existe ánimo para seguir lembrando ao camarada, amigo, demócrata, galeguista e republicano que foise para non volver; con quen convivín incontables aventuras. Xa non falaremos daquelas anécdotas históricas de proletarios e de cabaleiros e políticos covardes.

Ata sempre Gonzalo, que a terra che sexa leve.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES