Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A barbarie ten cor azul

jueves, 27 de diciembre de 2012
En Zas e nalgún outro sitio de Galiza instaláronse unhas monxas que baixo o complexo nome de “fraternidade reparadora no corazón de Cristo”, institución creada por un gurú xesuítico, que penso que tal compañía sacerdotal debería correlo a gorrazos, e apoiadas por un párroco integrista, atópase un grupo de fanáticas que confundiron a Cristo salvador con Cristo castigador. Un Cristo que, ao parecer, fai da crueldade cos menores que teñen baixo o seu cargo o seu xeito de adoctrinamento. Así nenos entre os 6 e os 16 anos vense sometidos ás vexacións desta seita, que hipócritamente por ser católica non se considera tal, sen que nin o arcebispo compostelán faga nada ao respecto.

Trátase, segundo as noticias da prensa, de actuacións cos rapaces nas que se enaltece o sufrimento, amedréntase coa entrada do demo no corpo, e no colmo do sadismo faiselles cruzar a rúa cos ollos tapados mirando ao ceo, supoño que por iso de que “Deus proverá”, e sabe deus cantas barbaridades máis. Por riba, a sabendas do impropio que facían dicíanlles aos cativos que non dixesen nada aos seus país.

O sometemento duns nenos aínda non formados a este sádico control das súas mentes, entra de cheo no maltrato psicolóxico castigado pola lei. Por iso, diante deste atropelo que ten desacougados ás nais e aos pais dos rapaces e acongoxados e atemorizados aos propios nenos, tanto o fiscal que leve menores, como o defensor do pobo, como a dirección xeral da Xunta competente na defensa do menor deberían, en aplicación da Lei do menor, e polas fatais consecuencias que dese proceder se poden derivar, intervir xa nos ámbitos que lles corresponde, porque sen dúbida estas “relixiosas” vestidas de azul, están prexudicando total e gravemente o desenvolvemento persoal destes menores indefensos causa, entre outras, da aplicación de tal normativa. Ou é que no tema da subiugación dos menores as ordes acollidas pola igrexa teñen patente de corso?
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES