Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia e Terra Chá a través do Museo de Vilalba

jueves, 13 de diciembre de 2012
Galicia e Terra Ch a travs do Museo de Vilalba COÑECER GALICIA e TERRACHA A TRAVËS DO MUSEO ARQUEOLOXICO DE VILALBA

O 11 de decembro, os alumnos da Uned Senior de Xestoso, viaxamos a Vilalba, para visitar o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía. Antes desta visita, demos un pequeno paseo á beira do río Magdalena, contemplando a paisaxe e tamén os diferentes monumentos adicados a varios escritores da Terra Cha, como Manuel María, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Fernán Vello, Darío Xoán Cabana, etc. Neste percorrido, hai varios muíños recuperados. Entre eles, o muíño do Rañego, onde tivo lugar, hai algún tempo, o nomeamento de Chairego de Honra do noso profesor D. Felipe Senén López.

A continuación, fixemos a visita ao museo, cuxa alma mater foi un médico de profesión, pero amante da arqueoloxía, Don José María Ramil Soneira, quen se dedicou a estudar os restos máis antigos de seres humanos que aparecen en Galicia, desde o Paleolítico, ata a época romana. Coleccionou pedras e restos de animais e plantas, que lle ían proporcionando os paisanos, e tamén procedentes de escavacións arqueolóxicas. Tamén experimentou tallando a pedra, Foi coñecedor da técnica do traballo, de como facer as ferramentas que utilizaban os homes prehistóricos.

Neste museo, existen restos do Paleolítico, do Neolítico e da Idade do Bronce, ata a cultura castrexa. E axuda moi ben aos visitantes a comprender o mundo da antigüidade. Non só é un Museo de Prehistoria, senón tamén un centro de investigacións arqueolóxicas.

Guiados por Don Eduardo Ramil Rego, fillo do fundador do museo, fixemos un percorrido polas distintas salas, seguindo unha orde cronolóxica, desde o Paleolítico ata o mundo romano. Escoitando as amplas e claras explicacións do guía, puidemos contemplar nas distintas vitrinas e paneis, útiles de pedra(lascada e pulida), pezas de cerámica, obxectos metálicos, como puñais, etc. Non só obxectos creados polo home, senón tamén restos de animais e plantas, que nos permiten coñecer mellor aos poboadores da antigüidade e ao seu hábitat.

Sorprendeunos escoitar como se atoparon en Galicia restos de hienas(mesmo excrementos), de elefantes, de rinocerontes, de bisontes, etc., que habitaron nestas terras durante a época cálida. Como no transcurso das distintas épocas, desde o Paleolítico, Idade da pedra lascada, o Neolítico, Idade da pedra pulida e Idade de Bronce ou dos metais, os homes pasaron de comer restos de animais, mesmo enfermos ou mortos, a ser cazadores e pescadores, cando xa dominaban a técnica de confección de ferramentas. Logo, empezaron a cultivar a terra e a domesticar animais, e fixéronse sedentarios, construíndo aldeas, ata chegar aos castros. Cando xa tiveron a comida asegurada, puderon dedicarse á arte, e así aparecen as pinturas nas covas, os petróglifos ao aire libre, etc.

Outro aspecto interesante son os monumentos funerarios que, ao principio, eran lugares de enterramento comúns; pero, logo, cando apareceron as primeiras diferencias sociais, xa son individuais.

Finalmente, temos que dicir que nos consideramos privilexiados por poder facer estas viaxes tan enriquecedoras, e, neste caso, por poder visitar este marabilloso Museo de Vilalba.

Grazas a Don José María Ramil Soneira e ao seu fillo Eduardo por esta gran obra.
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES