Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

La Cina é vicina

lunes, 10 de diciembre de 2012
LA CINA E VICINA

A caída da mafia chinesa co tal Gao Ping á cabeza, era algo cantado para quen non nos explicabamos como podía existir unha emigración, a chinesa, que instala os seus negocios nos lugares das cidades e vilas onde os alugueres son máis caros, quen paga iso? Sempre entendemos que os que emigran fano por pobres, pero os chineses parece que non, que fano por ricos. Por certo, ao parecer a maioría dos cartos do blanqueo da susodita mafia curiosamente ían parar, ao menos en principio, ao banco de China. O Estado chinés supoño que encantado.

Pois ben, descuberto o pastel, que persoalmente considero que soamente é a punta do iceberg, agora leo no Pais dixital unhas declaracións dun tal Fernando Zhou que preside a asociación de empresarios chineses de Valencia na que en lugar de felicitar ás forzas de seguridade por limpar destes mafiosos o país, que embazan o labor daqueles empresarios chineses que actúan dentro da legalidade, pola contra, indígnase pola mala imaxe que creou tal operación e incluso apunta certa condescendencia cara os detidos, aos que considera vitimas de racismo, cando non se lles trata igual que aos españois no caso das fianzas, a pesares da inconcebible liberdade do capo e outros colegas por un defectillo de forma.

Pero a cousa non remata aí, logo, este dono de tres restaurantes, fainos un laudatus ao sistema empresarial chino que non é outra cousa que un requiem ao sistema laboral: menos cotizacións á seguridade social, despedimento libre e gratuito, salarios baixos, nada de sindicación, xornadas sen horarios. O curioso é que a todo isto o definía como “cultura do esforzo”, ao parecer típico da China, madia leva, o que calquera ser humano de calquera parte do mundo con un mínimo de sensibilidade social, chamaría cultura da escravitude. Ao máis, concede a existencia dun soldo mínimo, non sabemos de que cantidade pero supoñemos da suficiente para que o traballador non morra de fame e poida seguir traballando ata a hora de deitarse sen desfalecer.

A ver si estes empresarios chineses, e imitadores occidentais, decátanse que o esforzo é unha actividade, unha actitude para lograr un fin, un obxectivo, e polo tanto o do traballo só ten sentido se é para acadar unha vida digna, é dicir o máis proveitosa e saudable posible e non unha subsistencia de explotación e miseria, non se pode confundir o esforzo como valor dignificador, do esforzo como submisión humillante, ao que parece apúntarse este protestón empresario chinés.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES