Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Elexía á túa vida

miércoles, 27 de abril de 2005
Elexa  ta vida IN MEMORIAM
03.02.05
(A Carlos Casanova)

Hoxe pola mañanciña,
todo o meu ser era flama,
cando no xornal ollaba,
na señeira noticia.

Latexaba o meu corazón,
coa dita co anegaba,
na inquedanza el agardaba,
á noite con emoción.

Para darche a noraboa,
a través dun corazón,
regalo de Noso Señor,
á miña sinxela persoa.

Antes de cae-la tardiña,
a miña dita se amortuxou,
coa rexouba ca min chegou,
¡só alma, denantes da mañanciña!.

Sentín milleiros de pesares,
pola túa pronta fuxida,
á tan admirada vida,
sen nunca vérno-las faces.

Sentín que perdía un amigo,
sen nunca contigo falar,
por meu cerne te alugar,
no seu recuncho florido.

Mergullaba no balbordo,
no gran abraio mergullaba,
nunha esperanza abeirada,
un trabuco fose todo.

A realidade ela impía,
foime no dó confirmada,
por persoa por ti amada,
cadora alma lucidía.

Fidel amiga da miña alma,
do meu corazón consolo,
se aflixido ó seu acodo,
a ser por el refocilada.

Para min non feneciche,
traspasache ignota sebe,
a vivir por sempre,sempre,
nese ignoto sempre, feliz.

Vivirás infindamente,
cos escolmados por Deus,
só eses que levan de seu,
albura do cotián ronsel.

Amante da natureza,
espello de enxebre amor,
lufada cara todo dolo,
a empurralos con fereza.

Eu que amo á natureza,
por ti sempre moi amada,
quero hoxe darche ¡gracias!,
por ser de nívea maneira.

Alonxache cunha bagaxe,
de gran insigne feitío,
flama para Deus Divino,
nese intre de lla mostrares.

Eras Carlos ti fervenza,
de palabras moi belidas,
reflictindo a túa vida,
na meirande desas verbas.

Eras egrexio libro aberto,
nas túas amorosas mans,
sabedoría a vaguexar,
coa sinxeleza dun neno.

Preto están a recuncaren
a Galicia,as andoriñas,
pirlarán elas prosiñas,
ó non poderte saudaren.

Pirlarán rente das nubes,
pirlarán polos tellados,
e nese pirlar magoado,
entoarán salmos sen agrume.

Renderánche unha homenaxe,
voando céleres entre nubes,
aladas a rentes de fumes,
en soaregos de beldades.

Soaregos en belas verbas,
por lles gorece-la vida,
afastándolles aleivosías,
para que voasen sereas.

Mais,cando o outono chegue,
coas raxeiras, días grises,
a moreas antes de se iren,
voarán a Candai a verte.

Entoarán todas unidas,
o rechouchiar máis belido,
da natureza xurdido,
elexía á túa vida.

Coligada a natureza,
na inxente dor sentida,
salouca moi compunxida,
ó vagantío da túa presenza.

Polo gran oco na familia,
baleiro nas amizades,
revese de inmensidades
cara ti,de melancolías.

Deixas pegada luzada,
mágoa deixas co teu transo,
barileza no teu trato,
na celmosa doce fala.

Deixas dona envolta en pranto,
dous aflixidos meniños,
orfos de inxente cariño,
dos entenrecidos abrazos.

Deixas Carlos entre máis,
a un corazón magoado,
decote a Deus achegado,
pola magnánima estada.

Por ti, admirado Carlos,
por moito Tareixa quererte,
lle expreso meu vero pésame,
ó seu corazón escéntilando.

Por que se un amigo se vai,
un trisco de alma leva,
de quen o gorecía nela,
como alfaia celestiai.

Miolo de nobre amor, amor
de ti mesmo o esparexías,
polo Nadal bendito Día,
escolmando vistosa flor.

Para agasallar a Tareixa,
na harmonía da familia,
na dita , na doce ledicia,
no amplo lar das Salesas.

Deixas eco pendurado,
a resoar coas lufadas,
deixas millentas palabras,
cal estrelas coruscando.

Adozados sopros de vida,
deixas Carlos no teu fogar,
para a túa dona amada,
lle reverberen caloriña,

Tenro alento no ar lle deixas,
a cotío del folguexe,
e nese alento no cerne,
seguerás ti a vivir nela.

E nela se mirarán,
os vosos dous meniños,
achando o teu doce estiño,
e mailas túas tenras mans.

Seguerán rechouchiando,
os paxariños a cotián,
derredor do voso fogar,
mesmamente rebuldando.

Como cando camiñando ías,
vagaceiro pola natura,
nesa brama e bonitura,
en albizaras de ledicias.

Nesa regalía de canto,
arrecendo esparexido,
de mirrado chan ou brizo,
bela flama dos paxaros.

No teu derradeiro artigo,
da túa filla falaches,
de carautas te lembraches,
no seu troque de cotío.

Unha para cada emposta,
como requira a ocasión,
agás a de nídeos corazóns,
coa vera cadora posta,

Falaches deses debuxos,
artellados na inxeleza,
desoutros feitos nas medras,
abrindo os ollos ó mundo.

A este noso mundo inmundo,
devalando de infausto,
de inmundicias ateigado,
trousando polos recunchos.

Crin ver, a través do teu artigo,
a túa alma aflixida,
se argucias en teimosía,
danarianlle o espirito,

Dúbidas que remosquexan,
nos que fillos gabexamos,
entre cortinas axexados,
por se taimados se achegan.

Chorou o seu corazón cándido,
ollándote no cadaleito,
chorou o seu inxel sentemento,
sempre chorará calando.

Ó agarimo ca apreixaba,
ó estiño ca envolvía,
á esa tenra caloriña,
que no lar rebuldaba.

Agora queda e xelada,
por te haberes alonxado,
forzada a seguer medrando,
gorindo nas doridas bágoas.

Oio tanxer campás a dobrar,
en Candai dobran a dó,
repican ó teu corazón
ás letras hoxe enloitadas.

Letras que de vezo liamos,
ameizados na bonitura
da escrita, sentimos tristura
e choramos,ó oco deixado.

Sento fondamente no cerne,
vero dó, do teu corazón,
sabida que Noso Señor,
te recibiu tenramente.

¡Ai terriña!¡Terra Chá!,
por setembro ti chorache,
ó Manuel que ben ti amache,
polo moito seres ti amada.

Hogano tres de febreiro ,
voltas de novo a chorar,
por Carlos que te endeusaba,
revéndose do teu Outeiro.

¡Ai terriña! ¡Terra Chá!,
¡ai que pena!¡ dura coma pena!,
polo dó que ti carrexas,
no profundo das entrañas!.

Por este padal acalado,
quedo engado arrefecido,
belidos quedos escritos,
na sinceridade artellados.

¡Ai que pena!¡ Meu Deus que pena!,
cando un amigo se nos vai,
alugado na nosa alma ,
cativada das súas verbas.

Amiga na lonxanía,
con esa varuda esperanza,
as súas mans apreixar,
nesa amizade en regalía ,

Amiga dun cerne amigo,
reliquia no meu corazón,
da súa man, do seu amor,
sererarían anceios devecidos.

Nunha arela todo quedou,
argana no peito ferindo,
dó, amosado neste escrito,
inmaculado para a ocasión.

¡Adeus ! adeus derradeiro!
nestas empostas non é,
polo fío que soe romper,
no máis inesperado momento.

Un ¡ata logo! se Deus quer,
no Mais Alá,nos achemos,
entre anxos nos saudemos,
para na amizade nos ver.

Falabas dos teus meniños,
da túa dona falabas,
falabas do pai, da nai,
fornecido de agarimo.

Almo de sensibilidade,
tenrura ti esparexías,
¡ai! desas bágoas xurdidas,
por seres entre Divindades.

Ías a recibir egrexio premio,
un máis para a colección,
adoitou darcho Noso Señor,
cunha coroa de loureiro.

A Nosa Señora María,
coroa polos anxos feita,
te coroaría Ela Mesma,
cun tenro beixo de benvida.

Pola túa andaina nítida,
como auga polo regueiro,
no percorrido vagaceiro,
sentíndose moi limpiña.

Non sei se a Deus eu pedirlle,
se á mesma vida pregarlle,
freando vaia de levares
a vidas, de xangal existir.

Persoas por min queridas,
coñecidas e por coñecer,
por que posto o meu ser a querer,
non recoñece medida.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES