Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Titulados universitarios

miércoles, 27 de abril de 2005
Non están tan lonxanos os tempos en que para ser universitario en Galicia había que residir en Compostela, do mesmo xeito que para estudiar bacharelato había un ou poucos máis institutos por provincia.

Santiago -que daquela non chegaba a capital de provincia- era cidade eclesiástica e estudiantil, e ahí radicaban os seus poderes e as súas vantaxes.

Coa Autonomía, Santiago chegou a ser máis ca capital de provincia por selo de Galicia e ademáis de eclesiástica e estudiantil é plenamente administrativa, xa que por aquelo do centralismo das administracións hispanas, en Compostela conflúen tódolos poderes e tódalas administracións.

A cambio, perdeu o status de ter a exclusividade dos estudios universitarios e dun campus pasamos a sete co que, nos últimos dez anos, pasamos tamén de 90.000 universitarios empregados a un total de 183.000, e do concreto grupo de carreiras que se cursaban en Compostela ás 96 titulacións que na actualidade se poden obter en Galicia.

Estas cifras puxéronse de manifesto na entrega dos Premios Fin de Carreira para universitarios galegos, na que o Presidente da Xunta fixo pública a evolución das cifras de titulados que están empregados en Galicia, que certamente son ben expresivas.

Non é seguro que tódolos universitarios teñan traballo acorde coa súa titulación xa que de todos é sabido que numerosos empregados públicos nas categorías inferiores teñen titulación superior. Pero están empregados, que é o que se pide na dificil carreira do emprego onde o importante é participar activamente.

Os titulados universitarios son excelente indicativo da prosperidade dun País. Neste caso, que Galicia teña sete Campus con 5.000 profesores e 80.000 alumnos, é unha mostra de vitalidade e modernidade.

Os temas educativos teñen que ser prioritarios para calquera goberno, para calquera comunidade. Nesto, Galicia parece estar ó día.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES