Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A igrexa é obra do Espírito do Resucitado

viernes, 22 de abril de 2005
Isto confesamos, con máis/menos consciencia e responsabilidade, aqueles que optamos por seguir a Xesús, o Señor Resucitado. Cristiáns/ás e católicos/as. Xerarquía e laicos/as: "Pobo de Deus". Anque resulte difícil crelo, e sobre todo vivilo e acreditalo nas obras, Deus segue dando vida e pulo á súa Igrexa.

Coa fe/confianza de que "Xesús está vivo/presente na súa Igrexa" e a promesa de que "Eu estarei con vosoutros ata a fin do mundo", comezamos a reflexión con verbas de Xesús: "Non perdades a calma; crede en Deus e crede en Min. Eu son o Camiño, a Verdade e a Vida. Ninguén vai ó Pai senón é por Min. Quen cre en Min tamén fará as obras que eu fago e aínda meirandes". (Xan. 14, 1-12).

Xesús é a nosa mediación, o noso Valedor/Salvador. Aí está a nosa forza. Así somos quen de continuar a misión encomendada á Igrexa que hoxe chega na súa Palabra (Xesús, Fundamento da vida cristiá), no testemuño das primeiras comunidades e nos feitos destes días (agonía, morte e pasamento de Xoán Paulo II e acceso ó pontificado de Benedicto XVI). A Palabra de Deus ilumina todas as realidades. A Igrexa foi noticia mundial. Agrandada polos medios.

Os feitos están aí. Invitan á reflexión. Ós de fóra ( tamén se fan preguntas ante o visto en Roma) e, sobre todo, ós de dentro (nosoutros) ós mil millóns de cristiáns que dicimos seguir a Cristo e que temos de cuestionármonos o noso xeito de vivir a fe e dar razón da esperanza nun mundo plural e laico. Velaí algunhas: ¿que modelo de Igrexa se presentou desde Roma?; ¿é ese o seu verdadeiro rostro?; ¿que futuro de esperanza e de renovación se propón ó mundo?;¿é esa a Igrexa para os novos tempos!?; ¿é esa a Igrexa de Xesús?; ¿onde estaban as mulleres, os pobres, os pequenos?. Apareceu máis visible o poder, o boato e as riquezas do Templo cá pobreza e a sinxeleza de Xesús entrando a Xerusalén.

Que esperamos os/as cristiáns/ás, nesta hora!?. Que se leven adiante algunhas das promesas de Benedicto XVI. Ademais de "celador do dogma" que continúe co diálogo aberto (cara fóra e cara dentro), volva ás orixes da Igrexa e ó Vat. II., se abra ás outras culturas e relixións, que olle máis cara ó Sur ( lugar da fame e da exclusión, ausentes en Roma), que axude a manter a esperanza...Que non nos quedemos ollando ó propio embigo, nos falsos maquillaxes, con só os dogmas e verdades, con só seguridades e ortodoxias... nun mundo con graves problemas.

"Para Deus nada é imposible". O "Espírito non se deixa encadear". Actúa sempre, sorprende sempre!. Estamos en boas mans. O Espírito é o noso Garante.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES