Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha viaxe polo concello da Coruña

viernes, 02 de noviembre de 2012
Unha viaxe polo concello da Corua O día 30 de outubro, os alumnos da Uned Senior de Xestoso viaxamos á Coruña para visitar o Palacio Municipal. Este Palacio foi levantado no antigo Campo do Derribo, cuxo nome vén do derribo da muralla que separaba a Cidade Vella, da Pescadería e do Ensanche(entre 1.870 e 1.890).

É o ano 1.900; remata o Romanticismo e xorde o Impresionismo, o Dadaísmo, o Cubismo, o Modernismo, etc. A Coruña é unha cidade moi importante neste momento. Do seu porto, saen barcos cara América. Os reis Carlos V e Felipe II concedéranlle á Coruña grandes privilexios noutra época: fábricas de vidro, fábricas de fundición, a fábrica da moeda, etc. A masonería tiña moita influencia.

Neste contexto, iníciase a construción do Palacio Municipal no ano 1.900, sendo alcalde Don Manuel Casás, persoa moi sensible, e gran amigo de Don Manuel Murguía e de Dona Emilia Pardo Bazán, quen se convertiría en asesora da edificación.

Foi deseñado polo arquitecto Pedro Mariño, en estilo Modernista. Todos desexaban que fose unha obra sólida, propia dunha cidade moi importante. A pedra, o bronce, o ferro e o vidro combínanse perfectamente na súa construción modernista.

No seu interior, as dúas escalinatas: unha para a entrada do persoal da administración, e a outra, a gran escalinata, para os grandes recibimentos e solemnidades, condúcenos á primeira planta ou planta noble, onde se atopan o Salón de Plenos, os diferentes despachos, salas e corredores, as portas, os pisos de taracea, os emplomados dos vitrais, as diferentes vitrinas, cunha colección de preciosos reloxos, que mesmo son coñecidos en Inglaterra, a galería de retratos, algúns dos diferentes alcaldes que tivo a cidade, as lámpadas de deseño, etc., etc.

Unha viaxe polo concello da CoruñaMoitas das obras de arte que aquí se conservan foron doadas por persoas moi importantes da Coruña, entre elas, Dona Emilia Pardo Bazán. Varias pinturas son depósito do Museo do Prado.

Aínda que o edificio se remata oficialmente en 1.912, continuouse engadíndolle detalles ata 1.950. En varias destas obras participou o gran arquitecto Don Antonio Tenreiro, autor do edificio do Banco Pastor.

Arredor do Palacio Municipal, construíuse unha praza sólida. Todas as casas son moi racionalistas e coa mesma uniformidade(1.890 e 1.920). No 1.900, nace a galería, cubrindo balcóns con madeira e vidro.

Despois de construír o aparcadoiro subterráneo, en 1.990, inaugúrase o monumento a María Pita, quen no ano 1.589 se enfronta A Drake e aos seus corsarios.

O Palacio Municipal da Coruña pareceunos un auténtico museo, tanto polo edificio como polo seu contido, polo que así debe ser considerado e mostrado á cidadanía, para que todo o mundo poida disfrutar da súa beleza

Nunha das escalinatas, poidemos ler, nunha placa, un poema no que, entre outras cousas, se pide aos administradores públicos que velen polos temas que afectan a todos, polo ben común, non polos seus intereses individuais. Aínda que se supón que é un poema do século XVII, ten hoxe plena vixencia.
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES