Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Banco malo, Sareb

jueves, 01 de noviembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Aprobaron no Parlamento o do “Banco Malo” de nome “SAREB”. Manda truco con estes do goberno, asemella a un nome árabe, a un Califa. Esta criatura que naceu onte son os seus padriños o FMI e o Banco Central Europeo ao que se lle chama a “Troika”, organismos que veñen demostrando a súa incompetencia e a perversidade económica. Non hai país no mundo intervido por estes estamentos estafadores que a súas economías non atópense fundidas.

Isto do “Banco Malo”, non é máis que privatizar os beneficios e socializar as perdas. Vai ser este banco, un organismo “público” na que as entidades financeiras deixaran os seus “activos tóxicos”, créditos de cobros dubidosos que son de pisos embargados ou pisos construídos sen vender.

Un exemplo desta maquinaria estafadora, son os pisos que un banco valorou en 250.000 euros que agora valen 100.000 e para que esas perdas de valor non “arruínen” a ese banco, lle botaran toda esa bosta a esa criatura bautizada SAREB, logo toda esa podremia que lle votan ao “Banco Malo” venderase por menos do seu valor, mercaran barato, pagará o pobo e logo repartíranse os beneficios aqueles amigos de sempre. ¿ Quen asumirá as perdas?. O Estado, é dicir, as pagaremos durante anos todos os cidadáns cos nosos impostos e con recortes salvaxes ao Estado do Benestar. Non hai diñeiro para manter a Sanidade ou a Educación Pública, pero o hai para salvar aos bancos.

Nesta “Marca España”, os únicos que viviron por riba das súas posibilidades foron os banqueiros, que repartiron dividendos que non existían, pediron diñeiro aos bancos alemáns para metelo naquela “burbulla” do ladrillo e cemento agochando a súa quebra falseando a contabilidade.

Vedes como as cousas trocan co PP. Agora toda a cidadanía
deste país é accionista da banca, dese banco casposo desa parte “chunga”, pero accionista da banca.......rota.

Isto é sinxelamente unha estafa, un traxe feito á medida para os grandes estafadores que fóronse para paraísos fiscais sen devolver os créditos. Mexan por nós e dicimos que chove.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES