Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despedida

lunes, 29 de octubre de 2012
Mensaxe de despedida de Juan Carlos Fernández Fasero

Desde que teño uso de razón e “sentidiño” traballei pola cultura e vivín da cultura. Primeiro como autor, despois como músico, logo como empresario e desde o 3 de xullo de 2009 até hoxe, como membro do Goberno da Xunta de Galicia.

Este feito, para min, supón unha gran honra e unha gran responsabilidade. Honra por poder traballar para todos os galegos e responsabilidade por traballar no que foi, é e será a miña paixón: a cultura.

Non podemos dicir que esta estea a vivir o seu mellor momento. Pero non só pola crise, xa que a crise aféctalle a todo, senón tamén pola desvalorización que o propio concepto de cultura está a sufrir.

Creo que debemos seguir traballando precisamente para que a Cultura sexa o que debe ser, o selo de calidade e identidade dun territorio.

Chegado este fin de etapa quero agradecer, en primeiro lugar, a todos os traballadores e traballadoras da Agadic, polo seu bo facer, o seu esforzo e o seu trato que fixeron que me sentise como en familia.

En segundo lugar quero agradecer a todo o sector o seu apoio e comprensión nestes difíciles momentos. Obviamente coas tensións que deben existir, pero que tamén nos enriquecen. Pero agradezo, sobre todo, a gran capacidade de diálogo que se demostrou ao longo destes 3 anos e medio.

En último lugar, ao presidente Feijoo, ao conselleiro Roberto Varela e ao conselleiro Jesús Vázquez, por permitirme traballar neste importante proxecto chamado Galicia.

Moitas grazas.
Fernández Fasero, Juan Carlos
Fernández Fasero, Juan Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES