Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuntanza

domingo, 28 de octubre de 2012
O venres 26 de outubro celebrouse unha reunión na Casa da Xuventude de Mondoñedo cos representantes da Empresa EOGAL e cos representantes das Comunidades Veciñais de Montes (de Sta. Mª Maior-Carracedo- Rio Seco - Chao das Louseiras,Estelo-Tronceda, Viloalle,Figueiras, Argomoso e A Cazolga) e das Asociacións de Produtores de Madeira (PROMAMON de Mondoñedo e PROMALOU de Lourenzá) a que tamén asistiron representantes de asociacións veciñais e propietarios de montes (das parroquias de Oirán, Masma e Os Remedios).

Actuaron de portavoces da Plataforma Cidadán: Xosé Ruiz Leivas e J. Luis Fernandez Ansedes de EOGAL: Santiago Lodos e Vicente Boorque, da Comunidad de Montes de Sta Mª Maior : Ofelia Gruñeiro, da Comunidad de Montes e da Asociación Veciñal de Figueiras: Leonardo Eiroá e José Luis García, da Comunidad de Montes de Estelo-Tronceda: Antonio Díaz Ares, da Asociación Veciñal de Viloalle: Enrique Fernández Sánchez, de PROMAMON: Lisardo Castro Couso, de PROMALOU: Mario Leitón Ramallal.
Cabe resaltar o interés polos temas e a alta participación dos asistentes, en torno o medio centenar de persoas e tamén agradecer a colaboración da Axencia Comarcal de Extensión Agraria de Mondoñedo que nos serviu de nexo de unión nesta convocatoria.

Na reunión se informou dos preacordos da empresa EOGAL coas comunidades de montes de Estelo-Tronceda e Sta Mª Maior para un Proxecto de Ordenación Forestal sobre estudo de delimitación, plantación, cortas de madeira… coa supervisión exterior de técnicos da Dirección Xeral de Montes da Xunta de Galicia.

Tamén interviron os representantes das outras Comunidades de Montes mostrando o seu interese para chegar a un Convenio coa empresa para facilitarlles materia prima e para facer un estudo de campo sobre aqueles lugares a conveniar; e os representantes das Asociacións de Produtores de Madeira para informar os seus socios e os propietarios de montes particulares das ventaxas que ofrece a empresa de Biomasa en canto a implantación de planes de ordenación do territorio, plantacións e cortas da madeira, competitividade en rendimentos económicos.

Por último os representantes da Plataforma Cidadán Comarca de Mondoñedo Unida acordaron solicitar unha reunión co alcalde de Mondoñedo e cos representantes dos partidos políticos da Corporación Municipal para vindeira semana, co fin de: informar sobre as xestións levadas a cabo pola Plataforma e de solicitar a convocatoria da Mesa de Seguimento de Crise da Comarca formada por representantes da Consellería de Industria e outras Institucións, para tratar de impulsar os sectores industriais , turísticos e empresariais da comarca.Tamén nesta reunión cos representantes do Concello tratarase de acadar información sobre a situación actual dos Xulgados e do Partido Xudicial de Mondoñedo.
Comarca de Mondoñedo Unida
Comarca de Mondoñedo Unida


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES