Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manifesto "Comarca de Mondoñedo unida"

jueves, 25 de octubre de 2012
Manifesto leido o 19 de outubro, ao remate da obra de teatro"Quintana de Vivos, Anguria dos Orfos" a cargo de Grupo de Teatro "O Bordelo" dirixido por Paco Piñeiro, no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.

Miñas donas, meus señores:

Non me parece este o mellor momento para reivindicar os nosos dereitos como cidadáns. E non mo parece despois de escoitar esta “Quíntana de vivos, anguria de orfos” coa que nos deleitou a marabillosa compañía teatral do Bordelo baixo a batuta do noso bo amigo Francisco Piñeiro a quen debemos agradecer que nos permita esta intrusión no seu traballo e felicitalo a el e a toda a Compañía por darnos estes momentos de ledicia que nos fan esquecer un pouco os cotiáns problemas.

Por todo elo: Gracias a todos os que formades esa compaña de ilusións que tanto nos fan falla nestes momentos de anguria. Por iso non me parece axeitado vir a lembrar tristuras, neste momento.

Si amigos, hoxe estamos aquí sostendo esta pancarta reivindicativa, para que ninguén esqueza que estamos a pasar por un momento difícil na nosa Comarca, e por ende en Mondoñedo, despois do peche de ECAR- FIMSA e da redución de emprego en Hermida de Lourenzá; Da carraxe atopar amigos de sempre camiñando tristes polas rúas do noso Mondoñedo porque o traballo foise e deixou os fogares sen mantenza e baleiros por mor da emigración dos seus habitantes.

Xa temos orfos de pais emigrantes, xa temos viúvas de traballadores que tiveron que emigrar, e eses habitantes da Comarca mindoniense que aínda viven en casa propia pero teñen familia espallada polo mundo adiante, canto tempo se quedarán con nos,,, e coa falta de trabalo, canto tempo tardaran en marcharse de Mondoñedo en procura de traballo. Canto tempo tardaran as nosas tendas en pechar por falta de clientes e os que quedan aquí sen poder adquisitivo non serán quen de soster o entramado comercial que unha cidade coma Mondoñedo necesita.

Por iso baixo o lema da “ Comarca de Mondoñedo Unida” estamos a desenrolar uns actos na procura de que todos aquelas empresas que desexen instalarse en Mondoñedo e Comarca conten co noso apoio, conten co noso esforzo de pobo unido para que a labor e o entusiasmo de todos sexa mais fácil a súa decisión de crear traballo nesta comarca.

Por esta liña temos tres frontes abertos, a empresa “Eogal Bioenerxia”, a empresa da Horta Mindoniense ey a defensa da permanencia en Mondoñedo dos Xulgados.

Na defensa da permaneza dos xulgados, a comisión creada a propósito para tal fin cumpriu co deber de informar debidamente ás autoridades da Xunta e da Xustiza que levan este traballo, de canto e capaz de ofrecer e de merecer Mondoñedo para a continuidade dese importante servicio na cidade.

No canto de empresa de biomasa, o venres día 26 de outubro ás 20 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar unha xuntanza de Comunidades de Montes, de Asociacións de Propietarios de Madeira cos representantes da empresa Eogal na que se aclararán puntos e intencións sobre do subministro das materias primas que necesita a empresa para poder funcionar, e todo isto baixo a presencia do Comité da “Comarca de Mondoñedo Unida”.. Tamén están invitados a esta reunión os responsables da “Horta Mindoniense” e tódalas persoas que teñan interés ou queiran colaborar nestes proxectos.

E, como non amigos!, esta pequena charla de información queremos que sirva para animarvos a que nos axudedes coa vosa presencia en tódolos actos reivindicativos que celebremos en defensa da industrialización da Comarca e en defensa da permanencia dos Xulgados.

Comarcáns Mindonienses, sabemos que o voso corazón está connosco e a favor de Mondoñedo, de agora en diante pedímosvos que tamén esteades presentes en cantos actos de reivindicación organice a Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida para ser posible que a nosa voz se escoite mais lonxe.

A todos, ¡Moitas Grazas!
Xosé Ruíz Leivas
Xosé Ruíz Leivas


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES