Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida nos pobos

lunes, 11 de abril de 2005
Quen pode lembrar aquela Galicia rural dos anos cincuenta e sesenta, lonxana, incomunicada, miserenta... e a compara con estes momentos nos que as máis humildes aldeas teñen estrada de acceso, enerxía eléctrica, teléfono, televisión... saca como consecuencia a tristeza que produce pensar que daquela era unha Galicia rural fortemente poboada, e hoxe é unha Galicia condenada á soedade, a pesar dos servicios que as aldeas teñen.

A pesar da forte inmigración, Galicia segue a perder habitantes xa que 60.000 galegos vanse cada ano das zonas rurais ou dos pobos, de xeito que mentras unhas poucas cidades experimentan aumento da poboación o resto de Galicia segue a mermar de xeito imparable.

A maior sangría sófrena os pobos. As aldeas cercanas ás cidades ou pobos importantes rexistran as correntes das fin de semana como inxeccións temporais de vida, pero os pobos esmorecen. Ver anoitecer nos pobos de dous ou tres mil habitantes nas xornadas festivas evidencia esta temporal emigración en busca ou da tranquilidade rural, ou do bulicio da gran
cidade. Os pobos pechan as súas portas, recollidos os habitantes no interior das súas vivendas, e a imaxe desoladora de abandono ou soedade prima sobre calquera outra.

A vida noutros tempos, aquel vivir de pobo no que os bares, as terrazas, as rúas, se enchían de vida era en moitos casos obrigada pola imposibilidade de desplazarse a lugares máis atractivos. Acomodabámonos ás circunstancias de cada lugar, e a vida era un conxunto de comunidades ailladas que só se permitían a permeabilización en datas moi determinadas e
especiais.

Esa intercomunicación, hoxe, é doada e case obrigada. Calquera aliciente externo fai correr hacia ese lugar unha riada de automóbiles cos seus conseguintes viaxeiros. Calquera disculpa é boa para viaxar hacia onde sexa, para deixar o lugar habitual, para rachar coa presunta monotonía diaria.

Pero eso trae consigo que o asociacionismo se resinta e perigue, que a hostelería se empobreza, que a vida social desapareza, que a vida nos pobos resulte tan tristeira e monótona como nos parecía que era hai tempo, cando era tan viva.

Os pobos péchanse e valéiranse. E non se aprecia que exista, polo de agora, xeito de corrixir este abandono.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES