Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aeródromo de Rozas

miércoles, 06 de abril de 2005
Puido ser un dos primeiros aeroportos de Galicia, pero quedouse en lista de espera podendo optar na actualidade a un cuarto lugar despois de Santiago, A Coruña e Vigo.

Por espacio, posibilidades físicas e área de influencia, Rozas estaba chamado a ser un punto importante no mapa de comunicacións de Galicia. Na nosa gran guerra e na postguerra longa, Rozas foi sempre unha grande posibilidade, pura especulación entre militares e civís sobre o que podería ser e non foi por falla de apoios decididos por parte de institucións ou
particulares.

Rozas quedou convertido nun gran hangar medio valeiro, e en sede do Real Aero Clube de Lugo, unha asociación particular formada por devotos do aire que empregan os seus ratos libres en ve-la Terra Chá e a capital lucense desde varios centos de metros de altitude.

A nostalxia invade ós lucenses cando ven na prensa, na sección de "imaxes de onte" a chegada de voos a Rozas, con altos mandos militares ou autoridades civís, e ata unha linea de viaxeiros Rozas-Madrid que non sobrevivíu á década dos cincuenta.

"Y en esto, llegó Carmen". Chegou Carmen Calvo, Ministra de Cultura, que aterrou en Rozas o martes, cinco de abril, a bordo dun avión Casa 235, inaugurando -suponse- unha nova liña de viaxes de xente influínte que pode tirar para adiante para que Rozas deixe de ser aeródromo e pase a ser aeroporto.

Coincide coa acción que se supón está impulsando o lucense José Blanco, Secretario Xeral do Psoe, para facer de Rozas unha instalación relacionada coa reparación e reutilización de avións.

Rozas está agardando por un milagro desde hai medio século. Se agora este milagro se produce, loubado sexa o Señor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES