Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Misterio ou pesadelo

jueves, 11 de octubre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

O escritor Laurence J. Peter comentaba algo así como :“En una jerarquía, todo empleado tiende a ascender hasta su nivel de incompetencia: la nata sube hasta cortarse”. Cita que garda relación con esta opinión.

A revista “The Economist” facía estes días uns comentarios que son preocupantes, xa un estaba pesimista ante as medidas tomadas por este goberno que agora son máis preocupantes. A revista advertía que o “misterioso” Rajoy pode levar a España a unha espiral de morte, aconsellaba ao presidente abandonar o modo que tiña Franco de dividir os problemas: “los que resolvería el tiempo y los que ni siquiera el tiempo puede resolver”. Non é que esta revista sexa revolucionaria, senón que máis ben é de filosofía liberal, tanto no económico como no referente ao político,partidaria do libre comercio e a propiedade privada, por iso con máis preocupación temos que tomar esta andaina de tolemia que nos leva este goberno.

Rajoy xa non é un “misterio”. Rajoy ven sendo un pesadelo que representa á dereita máis retrógrada, esa España que describía Machado “ de la peineta, la cañí, la del rosario y procesiones y una grande y libre”.En fin, esa dereita que non remata de ollar máis aló das súa propias napias. De verdade, o do Sr. Presidente coa súa tropa ministerial asemellan a un esperpento. Soamente faltaba as fotos no“The Economist” a Sra.Cospedal e a Soraya no Vaticano con peitas, e mantillas. Para mexar e non botar gota.

Por iso as eleccións galegas son a clave de que isto siga ou non polo mesmo camiño de saqueo e “espiral de morte”. Non encanto, o abrallante que moitos de aquí aínda no o viron......pois seguen vendo “hilillos de plastilina”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES