Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con Mar adentro, un Óscar para Galicia

viernes, 01 de abril de 2005
Seguindo os pasos andados por cineastas de renome, como Garci, Trueba e Almodóvar, Amenábar fíxose co cuarto Óscar para a historia do cine español. O certo é que a súa película convertiuse coa chegada aos Óscar na máis premiada do cine español. As súas primeiras palabras foron: “Esta película esta basada en la historia de un hombre cuyo deseo de morir inspiraba mucha vida, para él va mi agradecimiento”, ao que seguiu algo así como “Javier lo está celebrando en Madrid, creo que definitivamente me han roto el sofá de casa”. Para España foi o grande protagonista, malia que fora “Million dollar baby” o filme que se alzou con catro das principais estatuíñas, ficando “El aviador” como perdedora, aínda sendo das máis nominadas. Un dos momentos especiais da noite deuno o uruguaio afincado en España Jorge Drexler, que despois de recibir o seu Óscar á mellor canción orixinal cantou un anaco da creación que non lle deixaran interpretar no filme.

O diretor de Mar adentro, aquel que comezou con películas coma ‘Tesis’ e ‘Abre los ojos’, para seguir acompañado por Nicole Kidman en ‘Los otros’, é hoxe toda unha celebridade da sétima arte. O seu último filme, protagonizado por Javier Bardem, Belén Rueda, Lola Dueñas, Mabel Rivera e Celso Bugallo, entre outros, conseguiu un dos dous Óscars aos que estaba nominado: mellor película e mellor maquillaxe. A sorte non quixo que fora a primeira vez que conseguía este último galardón un filme de fala non inglesa. Pero o outro óscar fai que sexa o primeiro dunha historia galega. Noraboa.

A película deixa ao espectador coa ollada borrosa mentres reflexiona ante o milagre da vida e a imposición desta, en loita continua no caso do tetrapléxico, para quen carece de sentido ao ter que vivila sen a liberdade que antes a caracterizaba. Dende a lembranza e a imaxinación, Ramón Sampedro percorre paisaxes fermosas que o levan ata o mar, viaxa co maxín ata atoparse coa xente que quere, como é Julia, papel interpretado por Belén Rueda, e a quen Ramón fai entender que un xesto sinxelo para os demais, como tocarlle a man ou darlle unha aperta é para el unha utopía, algo inalcanzable.

Javier Bardem foi distinguido coa Copa Volpy ao mellor actor pola súa interpretación e a película de Aménaber recibiu o Premio Especial do Xurado na entrega do León de Ouro e de Prata. Logo viñeron os Goya, das quince nominacións que tiñan aos XIX Premios Anuais da Academia obtiveron un total de catorce. Agora os Óscars. Pode falarse de éxito total, para todo o equipo humano que foi capaz de reflectir coa máxima maestría a dureza dunha vida e dunha loita, aínda con trazos de humor, dun home privado de liberdade.

Ese é o centro do filme: ‘unha vida sen liberdade ¿que vida é?’. É o que vén a dicirnos a historia de Ramón Sampedro, quen loitou na procura dunha morte digna, para acadar a liberdade arrebatada polo accidente. Hoxe o libro que publicou, reeditado, véndese á par que o filme acapara todas as miradas. Trátase de cartas escritas coa boca e cheas de evocacións poéticas. Ese foi o xerme que inspirou a Amenábar, grande soñador, xunto ás primeiras imaxes vertidas na televisión nas que R. Sampedro contaba a súa vida, a historia dun coruñés que pedía legalmente, e de maneira pública, a súa liberdade a través da morte, que el entendía como unha prolongación da vida, un paso máis para cada ser humano, e que lle concede a súa amiga de Boiro.

A noite antes da entrega dos Óscar recibiu, na vixésima edición dos premios Espíritu Independiente o galardón á mellor película estranxeira, volvendo a triunfar. Dixo que o “Spirit” tería un lugar preferente na súa casa, por ser unha das estatuíñas máis fermosas, coa escultura dunha muller. Tamén dixo que cando escribira o guión da película o fixera fronte ao mar, e cerraba un ciclo celebrando o premio na praia.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES