Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alta velocidade

lunes, 28 de marzo de 2005
Antigas definicións proclaman que fe é "crer o que non vimos".

Para os que vimos o tren de alta velocidade dentro e fóra de Epaña, crer nun tren así para Galicia escápase dos esquemas da fe, e entra nos da ciencia-ficción.

O tren é o medio de locomoción que loitou a brazo partido a favor dos demáis sistemas e en contra de sí mesmo.

Os autocares de servicio público ou privado melloraron paulatinamente, e a calidade das prestacións que as compañías ofrecen fai que este sistema sexa auténticamente competitivo con calquera outro.

Os avións sempre tiveron altos niveis de servicios, garantiron rapidez nos desprazamentos, e na actualidade o capítulo referente a precios axeitouse dunha forma incrible.

Os automóbiles particulares multiplicáronse e vulgarizáronse, ó tempo que as vellas estradas ían converténdose en autopistas e autovías.

Tan só os usuarios do ferrocarril seguiron sometidos ás espartanas características de resistencia, dureza, lentitude, de xeito que as conexións de Galicia coa meseta son as mesmas de hai un cuarto de século levando a viaxe a Madrid en tren o doble de tempo que en vehículo privado.

Teñamos, pois, fe no Ave, que vai vir en tempo e forma. Na mesma forma -eso agardamos- ca a do resto dos territorios hispanos que o disfrutan, independentemente do ben diferenciados entre sí que estean pola xeografía física ou política.

En canto ó tempo, que veña con arreglo ó noso tempo humano, que non se parece en nada ó que a administración de ferrocarrís parece vivir.

A ver se, logo, o Ave ou a "Alta velocidade" chega a Galicia a unha velocidade mediana, alomenos. Xa non habería queixa, tal como estamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES