Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lenda do

viernes, 14 de septiembre de 2012
0 23 de agosto de 2012 no Diario de Ferrol, na sección OPINIÓN, páxina 22, aparece esa fotografía da autoría de don Jorge Meis, acompañada desta breve nota:

“CÁMARA VIAJERA. Cristo eléctrico. El crucifijo de la imagen lleva mucho tiempo en Mandiá. Quien lo haya puesto muestra, se intuye, la suficiente devoción como para utilizar un poste de la luz y la sujeción de la cajas eléctricas para fijarlo, como si de un moderno ≪cruceiro≫ se tratase. Más de un consagrado artista no lo hubiese, tal vez, hecho mejor.”

Cando algo se converte en lenda, normalmente, non se lle saben ben as orixes exactas. E, loxicamente, a imaxinación popular ou alguén interesado bótase na procura dunha explicación probábel que seguramente non vai coincidir coa realidade dos feitos tal como foron en si.

Como naceu este “Cristo eléctrico”? Por que foi parar alí? Cóntanolo D. Miguel Lorenzo Pérez, 86 anos, veciño de A Cruz, Mandiá, Ferrol. Velaquí o relato:

“Hai algo máis de seis anos, un día, ao ir botar algo no lixo, vin alí tirado no contedor un crucifixo. Cada un ten a súa maneira de pensar. Mas eu tiven claro que aquel sitio non era o apropiado para ese obxecto relixioso. A min polo menos aprendéronmo doutra maneira. Recollino. E comenteino coa veciña, Dª Sefa Díaz, agora xa finada. Ela ofreceuse para darlle unha boa limpeza.

Onde poñelo? Se o recuperei do común, deberá ser exposto en algún sitio común. E pareceume que ese era un sitio axeitado. E leva alí xa vai para sete anos”.

“Por outra parte, se nós somos e nos chaman o rueiro ou a aldea de A Cruz, temos dereito a ter o noso “Cruceiro”, por máis que el sexa modesto. Non será que o noso Señor se quixo valer desta casualidade para atopar o seu sitio aquí entre nós?”

“E agora que penso, tampouco está mal o título que lle deron no xornal: ≪O Cristo eléctrico ≫. Se Xesús se presentou como luz do mundo, unha forma de chegar a todas as casas é pola rede eléctrica. E nela atopou o seu sitio. E de paso solidarizámonos con todos os traballadores deste sector e coas súas familias onde moitos corren riscos serios e mesmo morren.”

Este foi o “milagre” do Cristo eléctrico recuperado do contedor do lixo no rueiro de A Cruz en Mandiá.

Nos tempos que corren teriamos de ser moi dilixentes en recuperar infinidade de cristos viventes que todos, a sociedade, os gobernados e os gobernantes, os explotadores e os tiranos de todas as mafias botamos a cotío, máis agora na crise, como lixo do mundo en tantos contedores, tamén entre nós: velliños sós, cárceres, clubes, eurovegas, etc.

O Cristo da luz non reduciría escolas nin escolantes, non quitaría sanidade onde nacer e dar a luz. El que se ocupou de cegos, coxos e enfermos non deixaría sen axuda sanitaria e sen remedios a tantos inmigrantes e sectores empobrecidos de entre nós.

Moitas grazas ao noso veciño honorábel, Don Miguel Lorenzo Pérez, 86 anos, que nolo veu explicar na misa da Patroa, Santa Uxía. A nós aportounos esta reflexión, esta ensinanza. Queremos compartila. Se vos vale, aí está a orixe.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania