Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas de San Ramón en Vilalba

martes, 11 de septiembre de 2012
Raiña das festas de San Ramón de Vilalba, Damas de Honra, Sr. Alacalde Membros da Corporación, Autoridades, Membros do Xurado do Certamen, Poetas Premiados, amigas e amigos todos que hoxe nos honrades coa vosa presencia.

Vaia en primeiro lugar o meu profundo agradecemento a o Alcalde e Corporación por terme invitado a facer de Pregoeiro e Mantenedor deste Certamen Literario que nesta edición cumpre os seus trinta e oito anos, seguindo a ser unha mostra e un reflexo das ansias de cultura das que da mostra a nosa terra, entre outras moitas mais, das que falaremos mais adiante. Non se debe perder esta tradición e o feito, sin dúbida diño de toda loubanza, de facer publicar as obras premiadas, fainos pensar que imos no camiño de que esta mostra cultural se perpetúe no tempo.

Si mo permiten tamén quería aproveitar esta ocasión para agracedecer ao presentador e secretario, caseque vitalicio, do Xurado do Certamen, o amigo Xulio Xiz, as desmedidas loubanzas que me adicou e que son , mais ben, froito da nosa longa amistade, ou de respecto áas institucións que eu representei, que dos meus verdadeiros merecementos. E agora tamén aproveito esta tribuna para dicir que Xulio Xiz, nado na Porta de Cima moi perto de onde nos atopamos agora, con esa voz prodixiosa de locutor que Deus lle deu, é desas persoas caladas ¡ Que contradicción ser calado sendo locutor ¡. Pois sí, y explícome. Calado no senso de que dende ese profundo amor que ten pola sua terra , traballa sin descanso, arreo para promocionar, prologar, publicar e organizar dende a Televisión, a radio, a prensa y en edicións públicas e privadas, todo aquello que redunde en gloria e proveito desta Vila, pasando de puntillas sobor dese tremendo traballo, como si non fora cousa de él. Por iso digo eu o de calado. . Gracias Xullo e para ti e dende eiquí solicito dos presentes un forte aplauso.

A gran honra de estar ante vos leva tamén aparellada a de ocupar o lugar onde tantos e tantos persoeiros ilustres me precederon e que engrancederon co seu saber e o seo verbo este perestixioso Certamen. Tamén conleva unha gran responsabilidade para non desmerecelos.

Á hora de cavilar sobor de que tema debía falar, atopeime nun mar de dúbidas. ¿ De literatura ¿ Un risco habendo eiqui tantos eruditos na materia. ¿ De economía ¿. De economía estamos a oir falar todos os días. Eu non son economista pero últimamente a forza de falar do tema, todo o mundo se volveu medio economista, sobor de todo porque cando non hai, hai que aforrar, o que se chama facer economía. Antes cando se ían tomar as cañas ou os viños a conversación era variada, falábase de futbol, de política, do tempo, das festas, agora non, agora fálase da prima de risco, da bolsa, da débeda, do Ibex, da inflacción, do IPC. Polo visto todos sabemos de economía e por que hai que economizar.

Entón de economía xa estamos fartos. ¿ E de política? De política tampouco falarei porque eu non son político. Vexo , o dicir esto, algunhas caras de extrañeza e hasta incluso sorrisos. Pois non, repito, eu non me considero político, e polo feito de ter estado moito anos na política non teño porque considerarme político, pola mesma razón que por estares moitos anos en Madrid, non me considero madrileño ou por residir, tamén, moitos anos en Santiago, non me considero santiagués. Explicareime mellor para ver si así nos entendemos. O ser político leva consigo aparelladas unhas aspiracións, unhas formas, unha aceptación de modos e maneiras nas que eu considero que non encaixo. Eu sempre fun amigo de dicir a verdade. Con esto non quero dicir que os políticos mintan pero as veces, por ser necesario, non sempre din toda a verdade. Este e un principio recoñecido e si cabe admitido.

O insigne político, primeiro liberal e logo conservador de principios do século XX, D. Antonio Maura, dicía que a unha persoa somentes lle estaba permitido mintir en duas ocasións: Cando regresaba dunha cacería ou en víspera de eleucións. A min non me gustaba nin nun caso nin noutro. E o insigne Profesor Tierno Galván, durante anos Alcalde de Madrid, mantiña a teoría de que as promesas feitas en vísperas de eleccións, non eran de odrigado cumprimento.

E sobre os casos que un se pode atopar na política, ilustrábanos Sir Wiston Chorchil, gran estadista británico, tamén primeiro liberal e logo conservador, premio Nobel de Literatura , un dos grandes heroes da segunda guerra mundial e un dos vencedores dela despois de soportar, en frase por el acuñada ,” con sangue, sudor e lágrimas” os bombardeos nazis sobre Inglaterra e presentarse a reelección, pouco despois de rematada a guerra e ser derrotado en Xullo do 1.945 po lo partido laborista, ó ser preguntado como fora posible eso contestou: En política hai que considerar que existen adversarios políticos, inimigos, inimigos irreconciliábeles e compañeiros de partido. E como diría un italiano si non e vero e ben trovato; si non e certo está ben contado. Con todos eses precedentes, eu non me sinto político, e proba delo e que non vedes o meu nome en ningunha das moitas obras nas que intervín. ¿ Que son apolítico¿ non o sei , porque como dicía o gran profesor e civilista D. Federico de Castro o apoliticismo e un subtipo de política liberal. O meu caso podese considerar mais un estar que un ser. Vostedes poden considerarme como queiran mentras me consideren un bon vilalbés.

¿ Falaremos de Historia?. Ainda que tampouco son historiador poide que pidamos chegar a un acordo porque a historia ven sendo todo, os feitos, os persoeiros, as costumes, a vida mesma.

Pero nós ímonos cinguir á nosa Vila .

Nun principio e segundo o estudioso Eduardo Ramil, Director do Museo Arqueolóxico de Vilalba, unha mais das xoias de que dispón a Vila e cuia existencia se lle debe a esa familia de vilalbeses, co decidido apoio de Fraga e o Concello, pois ben, ese erudito dinos, entre outras moitas cousas, que o orixen da vila está vencellado a presenza dun castro, hoxe moi desconfigurado, situado onde o antigo cimiterio o final da Rua do Calvario e un posible núcleo galaico-romano situado nas proximidades do castelo. As primeiras noticias que mencionan a Vilalba datan de finais do sáculo XIII cando na crónica de Fernando IV relátase que o Señor de Lemos, Fernán Ruiz de Castro cercou a o infante Felipe no castelo desta poboación amurallada. Durante a Idade Media a poboación, escasa, céntrase entre a muralla do castelo e a cerca que defendía unha igrexa románica ademais dunha pequena xudaría fora das murallas. Os señores residían fora da Vila, trasladándose á capital do reino para manter favores. Agora , digo eu, que esa costume de trasladarse as capitais, non só por manter favores, senón para percurar maiores coñecementos e conquerir mellor forma de vida, sigue a ser moeda común nos nosos días.

Seguindo a lectura da historia observamos que o núcleo da poboación vaise desplazando dende o Rollo e Ferrería, Calle San Roque, Porta de Cima cara a Rua da Pravia, e xa no século XX vai medrando hacia arriba, como si quixera retornar o seu primitivo asentamento. Chamóume sempre a atención que, na contra do que sucede en moitos outros lugares do mundo, nos que se facían os asentamentos poboacionais na beira dos rios, eiquí a tendencia foi a fuxir cada vez mais lonxe do rio.

Este feito tamén nos deu a oportunidade, para nós, nos anos oitenta do século pasado, de poder facer a Praia Fluvial. Dende os primeiros anos desa década , e dicir fai uns trinta anos, que para a Raiña das Festas , as suas donas e moitos dos eiquí presentes faíselles moi lonxano e a outros parécenos que ainda foi onte, pois por esas datas púxose en marcha o proxecto de facer nesa zona unha praia fluvial e co tempo, e a aportación constante das sucesivas corporacións, convirteuse ese entorno nun espacio de lecer e esparcimento. Algo do que os vilalbeses poden presumir. Praias, piscinas infantís, de maiores, climatizadas, campos de deportes e para remate o paseo fluvial que arrinca na Ponte dos Freires, pasa o rairo e o muiño da Amalia, o repórtico do Chente, a praia e a pena de Miguel, así chamada porque alí afogou, hay moitos anos, un rapaz así chamado, sigue o rairo e o Muiño da Madalena, o rairo e o Muiño Dos Pasos e o rairo e o Muiño do Rañego onde remata. A beleza dese percorrido coa adicación ó final aos poetas é difícil de explicar. Simplemente, como dín aqueles que vindo de fora os convido a facer o percorrido, eso é unha explosión da natureza e o seu aproveitamento afortunado e espectacular.

Mais non rematamos coa beleza natural que ten esto. O Castelo, o Auditorio, as diversas pontes e moitas cousas máis, fan que esta terra seña fermosa. Xa unha vella canción , que poucos dos que eiquí están recordarán, dicía: “ Vilalba tiene tres cosas que no las tiene La Habana, el Castillo, la Alameda y el Hospital a la entrada “.Naquelas datas La Habana era a máxima expresión de beleza.

Como dicíamos antes, moitas familias, por un sinfín de razons, e nos mais dos casos con profundo dor e sentemento, tiñan que ir deixando a Vila percurando mellorar a sua vida. E igual que foran desaparecendo os Castros, os Freires , os Andrades, os Pallares e outros mais, así tamen foron desaparecendo,ou cando menos diminuindo, familias como os Basantas, Bouzas, Campos, Casavedras, Chao, Fraga, Goás, Olano, Pena, Orosas, Peñas, Ramudos e moitas mais . A lista sería mui longa. Pero todas elas , dando paso a novas xeracións, deixaron o seu pouso e a sua semente e un recordo dunha forma de ser e de vivir que configurou un caracter específico desta Vila. E así vémolo reflexado en tantos destacados persoeirso como poden ser o político e Profesor Manuel Fraga; o Canonista e Cardenal Antonio Rouco; o Astrónomo e Profesor Manuel Carreira; o Filólogo e Profesor Dario Villanueva; o Teólogo e bispo Alfonso Carrasco; o especialista en enfermedades infecciosas Emilio Bouza: o Xurista e Galeguista Lois Peña Novo; o Historiador e Profesor José Luis Novo Cazón; os irmaus escritores José e Ramón Chao; o comediógrafo e escritor Domínguez Olano; o poeta e musicólogo Baldomero Iglesias “Mero”, catedráticos, notarios, rexistradores, xuices, pintores, e moitos mais que lles pido disculpas por non citalos y elo débese, sin dúbida, mais o meu descoñecemento que a os seus merecementos. Algún mais citarei mais adiante como pode ser a José Luis García Mato, “ O Gudelliñas”, poeta escritor, soñador, e amante de Vilalba. Temos que agradecer ao seu fillo Lis, a recopilación e publicación da obra do seu pai que ficaba estrada en hemerotecas dos xornáis nos que colaboraba e en pequenas publicacións. Gracias á sua laboura, agora , podemos disfrutar da sua obra en poesía e en prosa. Grazas Lis García Ferreiro.

Non rematan eiquí os nosos persoeiros no relativo ás ciencias e ás letras. Mato Vizoso, García Hermida, Carmiña Prieto Rouco, amante da sua “ Villa del Amanecer” e Chao Ledo.

Teño que recoñecer que non son un amante da poesía, pero das poesías que mais emoción me causan e mais tranquilidade me transmite é a do poeta vilalbés Chao Ledo adicada a Tardade e que xa fora premiada no ano 1.875 en Santiago, segundo nos dí Xulio Xiz nunha sua publicación sobre “ Os Poetas de Vilalba” e que tamén destaca de forma especial, nese fermoso libro titulado “ Un Alpendre de Sombra e de Luar” que nos ofeceu o noso estudioso Felix Villares Mouteira.

¿ Porqué destaco este poema?. Porque para min ten unhas connotacións especiais . A primeira vez que a ouvín recitar, fai xa moitos anos, quedoume gravada. Quen a recitaba era un rapaz que , daquelas, non era galego falante ainda que co tempo tamén foi mantenedor, en galego, deste Certamen Literario. Estoume a referir ao exdecano de Dereito José María Pena López. Encantoume a poesía. E por outra banda na parroquia de Tardade estivo de mestra, durante varios anos e na escola habanera , miña nai, a que chamaban Doña Pepucha, antes de vir para a escola da feira de Vilalba, onde hoxe está o Concello e onde eu nacín, alí , en Tardade, coñeceu a meu pai , que era habanero de Codesido-Trascastro, moi preto dalí, o que me fai pensar que eses lugares , aos que fai referencia a poesía, deberon influir no romance amoroso entre ambos os dous e que , por fortuna, durou mais de corenta e cinco anos. Por este motivo non me resisto, ainda que a algúns lles caiga pesado, a recitar as primeiras estrofas dese poeman que din:
Tardade , niño de amores,
onde a pombiña descansa
doce e mansa
co ramalliño da paz
entre escuras carballeiras
cabo das ledas ribeiras
que lambe o fondo Trimaz

Non é abondoso Vilalba somentes nas letras. Se cabe, ainda que non con tanta fama, hai que destacar máis a sua pasión por a música.

Na primeira mitade do século pasado eran raras as casas da Vila onde non houbera alguén con coñecementos de música. Había duas bandas de música e varias rondallas, das chamadas de pulso e pua. As familias Mato, Fernández, - os Xan de Grande-, os Currás ,- os Longos -, e os Guntín eran os grandes promotores musicais e compaxinaban a sua aficción co traballo nas suas respectivas profesións que eran múltiples e variadas: carpinteiros, reloxeiros, mecánicos, albañiles, canteiros, zapateiros etc..

Hai que valorar, hoxe, o pracer que lles tiña que producir a música para compensar o sacrificio que tiña que supoñer o ensaiar, caseque todas as noites, para poder actuar os días das festas. Por certo, o meu profesor de música, Manuel Currás, dos Longos, era zapateiro. Tocaba instrumentos de vento, de púa e o piano. Coas suas insinanzas aprobei, no Conservatorio de Santiago onde había que ir a examinarse, dous cursos de solfeo e un de piano.

Entre todos estes músicos algúns destacaban pola sua interpretación. Este era o caso de Antonio Fernández ,”Pujita”, trompetista dos mellores que había en Galicia e que como tal fora premiado. As condicións para a interpretación e o oido musical que este home tiña reflexábase en que nas rondallas de instrumentos de corda a afinación ten que ser perfecta. Pois ben, todos sabemos que en todas as rondallas sempre hay aos que se lles chama “malditos” , que mais que tocar rascan as cordas. Chegado o momento de afinar con esta xenté era complicado e entón Pujita pedía que o deixaran soio porque así remataba antes afinando os seis ou oito instrumentos. En pouco tempo a afinación estaba perfecta. Pero este músico non soio nos deixou eses gratos recordos, senón que nos deixou en herencia a un dos escritores galegos mais premiados en Galicia e fora dela. Un mago das letras e creador de soños infantís. Era o pai do vilalbés, que e un orgulla para todos, Agustín Fernández Paz.

Caso curioso de meterse coa xenté foi o de aquel veciño da Porta de Cima que bautizou a caseque todos os vecinos da calle, incluíndose a si mesmo, con nomes de paxaros e de aí sairon os de Anduriñas, Merlos, Chirí , Oriol, Cuervo, Tastaraño, Pego, Rula, Morcego etc. E según contaban os que daquelas vivían o curioso era que eses nomes, aparte de sopoñer un coñecemento de ornitoloxía, parece ser que implicaba unha boa observación dos seres humanos xa que as formas de moverse, de actuar e de proceder dos alcumados, dis que coincidían moito coas as dos paxaros.

Daquelas o pobo era moito mais pequeno e as familias coñecíanse mais polos sobrenomes que polos apellidos e así había un sinfín de nomes polos que eran chamadas familias enteiras, Cerillas,Guapitos, Rebacholos, Ramallales, Titirres, Chafarotes, Taraxales, Curruxos, Da Coxa, Morón , Lutas, Garroas, Santos, Carabulla, Xamebou e outros mais dos que agora non gardo recordo. Esta non era unha costume digna de aprobación xa que moitos dos aludidos sintíanse molestos e non lles agradaba ser así chamados. Outros tolerábano mellor e incluso hasta hai quen o tomou como reclamo publicitario. Eu traigo eiquí esto a colación como dato hjistórico dunha forma de convivencia dos veciños da época. Francamente era criticabel e alguén se poide preguntar si entre paxaros ee estes outros quedaba alguién a quen chamaran polo seu nome de Rexistro. Pero analizándoo dende outro punto de vista tamén podemos pensar que Garcías, López, Durán, González, Fraga, Gayoso, Fernández etc. hainos en moitos lugares e os de eiquí gozaban da sua peculiar denominación. Tamén podemos pensar que iso era debido ao trato mais cercano entre vecinos.

Pensen senón que nas casas, entre irmaus, é frecuente que non se chamen polo propio nome, senón por algún diminutivo ou alcume cariñoso. O pobo, daquelas, era unha gran familia eee eses costumes, para min afortunadamente, xa pasaron. Hoxe en día ao desaparecer as tiendas dos barrios, o abusar do uso do coche e utulizar o ascensor, os vecinos nin se coñecen, nin se saludan e nin se ven. E xa non digamos desde a moda dos teléfonos móviles y da informática en que xa naide ve a naide e nin se sabe con quen se están a comunicar.

De todas maneiras direivos que as ganas de festa eran grandes e así como as rondallas ás mozas servían para confirmar as declaracións de amor, os Carnavales servían tamén de desafogo e nas coplas,con maior permisividade que en outros momentos, podíanse verter críticas ás autoridades que a censura non permitía facelo noutros momentos. Así poido contar o caso curioso que se deu cando un Alcalde desta Vila, que como todos dictara o bando dos bozales para os cans, e el tiña un moi grande e non sempre ía ben embozado. Nunha ocasión a piques estuvo de roer a un neno. A familia do neno foino denunciar á Alcaldía e a súa queixa non foi muy ben recibida. Nas coplas daquel Carnaval unha das cancións dicía: Un neno roeu a un can, o can foino a denunciar e o Alcalde multóu o neno porque andaba sin bozal. A partires daquela o can do Alcalde sempre salía embozado.

A imaxinación popular facía que as festas e as verbenas foran base para o divertimento e así naceron festas como a dos Pepes, de tradición consolidada e logo copiada por outros patronos e outros pobos.

Un pobo que ao longo da súa historia chegou a ter vintenove cabeceiras de periódico, da sobradas mostras das suas ansias culturais e literarias. Consecuencia diso e a nosa presencia eiquí neste Certamen Literario, que xa chega á súa trintaeoito edición. De todas esa inquedanzas musicais e culturais saliron hoxe as escolas de Gaitas, O Conservatorio de música, as Escolas de teatro, as Bandas de música, as Orquetras de Cámara, os Conxuntos musicais. as Pandereteiras, as Polifónicas, as escolas de Danza, todo elo apoyado polo Concello e por institución culturais como Amigos do Museo ou o Instituto de Estudios Chairegos que na súa incomparable laboura cultural non deixa de sorprendernos con constantes actuación e actividades, dende as recopilacións facsimilares dos periódicos da Vila ate as sempre ben recibidas e fabulosas publiacións dos “Cuadernos de Estudios Chairegos”, de necesario coñecemento. Dende eiquí pido a Iescha que non canse nesa necearia e profunda actividade cultural.

Así mesmo pido ó Alcalde e ao Concellal de Cultura que non deixen de aproveitar este magnífico Auditorio e que o sigan enchendo con actuacións e obras dignas das mellores capitais, como estamos tendo.

Tamén destacar a laboura do Centro da Terceira Idade que coas suas innumerables actuacións fai que os maiores se sintan novos e permanezan en actividade facendo que se olviden dos seus posibles achaques.

Animar á Fundación Hospital Asilo, institución propia do pobo de vilalba, a que non decaiga no seu bon facer.

Animo , tamén, ao Centro Cultural Recreativo para que non deixe de xuntar a xuventude e torno ao arte e a cultura, sin perder a alegría dos bailes.

Tamén espero que a Fundación Manuel Fraga pronto poida abrir as súas portas para que todos poidan aproveitarse da riqueza bibliográfica e cultural con que van a contar as súas instalacións.

Asímesmo pediría a todas as asociacións de Vilalba, en número non inferior a trinta, que non deixen e traballar cada unha nos seus obxetivos para seguir engrandecendo a cultura da zona.

Como podedes ver, todo canto nos rodea nos leva a sentirnos orgullosos de ser desta Vila.

Os españois , lamentablemente, solemos ter desprecio, eu mais ben diría descoñecemento, pola nosa historia, mentras o resto de Europa recréase no seu pasado ate a irrealidade, que as veces os leva a inventar a sua historia que non foi. O poeta Joaquín Bartina dicía: Oyendo hablar a un hombre, facil es acertar donde vió la luz del sol; si os alaba a Inglaterra, será inglés; si os habla mal de Prusia, es un francés y si habla mal de España, es español.

Pero non estou eiquí para falarlles desas historias, senón da historia do noso pobo e estando como estamos en festas , non se pode rematar sin falar da nosa gastronomía.

Podemos presumir de gastronomía. Temos, sen lugar a dúbidas as mellores patacas e os mais sabedores grelos que acompañan as non menos sabrosas carnes de porco que eiquí se crian.

Temos os queixos de San Simón, un producto de calidade recoñecida e que está sendo o queixo de vaca mais premiado de España e que xa escomenza a ser recoñecido no extranxeiro, incluso en paises tan esixentes con este producto como pode ser Francia. A sua Feira anual dalle prestixio e promoción en todos os eidos. O afumado faino orixinal , eu diría que marabilloso.

¿ E que me din do Capón de Vilalba?. Ainda que as súas feiras e entregas como pago de renta se perden no longo da historia, na actualidade está a acadar un dos seus grandes momentos ao ser públicamente recoñecido como un producto de gran calidade. Cando se facía, o víspora da feira, o Pregón do Capón, cousa que eu voto en falta, pasaron pola sua tribuna os mellores críticos gastronómicos do momento e entre os seus pregoeiros figurou o Premio Nobel, Camilo José Cela, que non era nada crítico do producto senón un bo comedor. Hoxe en día o abogado e novelista, e non poido menos que dicir amigo, Domingo Goás Chao, fundou a “Cofradía do Capón”, que él preside e á que me honro en pertencer como Cofrade. Con tal motivo vai espallando por restaurantes destacados das capitais do país, e incluso do estranxeiro, a exquisitez culinaria que supón degustar un capón ben preparado. A eso chámase facer patria e á vez satisfacer o estómago dos amigos.

E para postre o Roscón de Vilalba, exquisito onde os haxa e que, non sei agora, pero antes estaba presente en caseque todas as mesas da Vila o día de S. Ramón. Sempre me chamou a atención como un producto elaborado con algo que eiquí non colleita ninguén puido chegar a botar raices nesta terra. Gustaríame que alguén me poidera ilustrar sobor de este tema.

Todas estas cousas das que falamos fan que teñamos que sentirnos agradecidos de ter nacido nesta terra.

No transcurso da vida e ao dicir que un e de Vilalba, non falta quen faga a pregunta de . ¿ Que ten esa terra que o longo da sua historia, e sendo tan pequena, veu nacer a tantos persoeiros destacados?. En tono xocoso pódese dicir si serán os aires, as augas, o clima ou hasta incluso as patacas.. Non o sei, pero o que si poido dicir e que nunha ocasión a un deses persoeiros destacados oinlle dicir que él consideraba que se debía ás familias, honestas, traballadoras, en moitos casos numerosas, unidas, sacrificadas pola educación dos seus fillos, e creintes. Algunhas destas cousas , hoxe sonan a raro, pero eu coido que non lle faltaba razón.

Días pasados a famosa soprano Montserrat Caballé confesou na televisión que : “Era unha muller afortunada por moitas razons, pero si tiña que elixir quedábase con unha. Son unha persoa crente e de fe”. Sorprendeu a moitos esa manifestación, sobor de todo porque no mundo actual poucos teñen o valor de declarar iso abertamente e dicir que creen en Deus. O curioso é que cando un se declara ateo ou agnóstico mereza un respeto, mentras que o que dí creer en Deus o toman a chufla ou provoca, como mínimo , un sorriso condescendente. Pois ben sabemos que é certo que os mais deses destacados persoeiros pertenecían e ainda pertenecen a familias que encaixan nese formato.

E xa vai sendo hora de rematar, non sin antes pidir disculpas polo alongamento e por si os aburrín.

Non e bon e considero que non é de xente de bos principios, en fin, de boas persoas o falar mal dos pais e da terra que a un o veu nacer.

Tampouco é bo que outros pobos teñan envexa de nos, porque as envexas nunca levan a nada bon nin positivo , ainda que señan entre pobos, pero eu considero que si e bon que nos respeten e sintan admiración polo que eiquí temos, polo que eiquí se fixo, por como se fai, é por iso que temos a obriga de sentirnos orgullosos de todo o noso, a obriga de conservar os recordos e o bon, e a obriga de seguir loitando e ir sempre millorando e cara adiante.

As xeracións presentes e as futuras, sin dúbida, seguirán a manter alto o pabillón desta gran terra que merece todo o noso cariño, o noso admirado recordo e o noso permenente esforzo para que nunca sexa pior.
Todo iso fai que eu queira dicir, ou digamos:
¡Viva a Raiña das Festas!
¡ Viva o San Ramón!
¡ Viva Vilalba!

(Intervención de José María García Leira o 30 de agosto de 2012 como mantedor do Certame Literio de Vilalba e pregoeiro das festas patronais de San Ramón e Santa María).
García Leira, José María
García Leira, José María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES