Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas da Familia de Avelino Pousa Antelo

jueves, 30 de agosto de 2012
Grazas da Familia de Avelino Pousa Antelo Nestes intres de fonda tristura na que a ausencia se impón coma un gran baleiro nesta casa de Teo que el enchía co seu ollar tenro, a súa actividade inesgotable, o seu sabio consello, as súas palabras animosas que nos facían sentir capaces de todo, o seu sorriso que enchía as nosas facianas, o seu inconformismo e a súa ética que nos alentaba a ser mellores ou cando menos a intentalo …

Hoxe e sempre lembramos ao pai, ao avó, ao irmán … ao mestre de tod@s que sementou en nós a colleita da liberdade e o amor á Terra.

Pero hoxe máis que nunca a familia de Avelino sente unha gran débeda con todas as persoas que nos aloumiñastes nestas datas coas vosas mostras de cariño e palabras de alento, sentidas por toda a familia coma unha aperta de irmáns e aliviando os nosos corazóns feridos de ausencia mais esperanzados en manter aceso o facho que prendeu nas nosas vidas.

Grazas a tod@s por compartir a nosa dor e animarnos a seguir adiante na loita por facer realidade os ideais do noso benquerido Avelino!

MOITAS GRAZAS!
A Familia de Avelino Pousa Antelo
A Familia de Avelino Pousa Antelo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES