Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Avelino Pousa Antelo, sempre!

miércoles, 22 de agosto de 2012
Por moito que a morte se empeñe en arrebatarnos os nosos mais íntimos, Avelino Pousa Antelo estará sempre nas entrañas dos sentimentos, de tódolos que amamos Galiza, desde diversos frontes e interpretacións. Porque Avelino soubo estar aí, en todas as referencias e abordaxes; en tódolos respiros desta nosa Terra, con tantos problemas e con numerosos obstáculos que cada día detectamos.

Avelino tivo unha vida longa, noventa e oito anos, toda ela dedicada a tódalas expresións que de Galiza emerxen.

Problemas sociais, económicos e culturais foron argumentados en debates, foros e conferencias por Avelino que co seu entusiasmo e dignidade cívica foi sempre contundente. Era así de radical e de pragmático, porque os problemas que crean os que nos desgobernan, con tanta aleivosía radical, a resposta ten que ser radical, e as reflexións de Avelino as manifestou nuamente e sen ningunha carauta.

A longa traxectoria de Pousa Antelo, desde as súas orixes galeguistas, participando nas Xuventudes Galeguistas e medrando no Partido Galeguista, con proxectos de firmeza e contundencia durante a II República, ao lado de Ánxel Casal e de Castelao, tidos por Avelino como seus irreductibles e prioritarios mestres que deron contido a súa ideoloxía. A Guerra Civil e o período franquista apagaron moitas vidas mais o facho nacionalista de Pousa Antelo non foi apagado. Un facho de luz resplandecida en tantas escuridades impostas polos que trataron e tratan de destruír a nosa identidade.

Avelino foi parte dese pulmón que respirou ar de liberdade. E nese ir de silencio a súa obra, cargada de puntualidades, fainos integrar a ese respiro, tan puntual como necesario e de estar presentes en tódolos contextos da súa exemplaridade e de tanta dignidade cívica.

Negámonos a dicir e pensar que Avelino morreu ou partiu para ningures. Avelino forma parte da intensa vida dos que quedamos neste horizonte cargado de proxectos e belixerancias, e, incluso de contradiccións superábeis. A súa xenerosidade será sempre cómplice de nosos avantes pola Galiza liberada que el desexou.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES