Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os meniños do ceo

martes, 15 de marzo de 2005
Aluga en min unha dúbida,
ela ben aferrollada,
no meu corazón,
que está a roer nos miolos,
na procura da resposta,
da teimuda pregunta.

¿Alá no ceo os meniños,
medrarán, coma aquí a cotío?,
¿ou infindamente ficarán,
como van de eiquí para alá?.

¿Ficarán espidos ou vestidos?,
¿xogarán con xoguetes ou sen eles?,
¿seguirán sendo meniños
ata chegaren os pais deles?.

Para sempre, sempre...
na estadía do Máis Alá,
¿os meniños, meniños seguen
ou alá seguirán a medrar?.

Moitos intres axexo ó ceo,
con desexos dunha xanela,
para ollares uns seres meus,
para veres, se seguen coma daquela,
cando alonxaron da terra.

¡Ai, fita teimosía,
polas medras dos meniños!,
en dúbidas tecidas,
xoecendo día a día.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES