Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Se esta é a Europa que eu fixen...

jueves, 09 de agosto de 2012
Vendéronnos outra Europa. Era a Europa do progreso, do benestar e das libertades. E cando accedimos a esta élite occidental pareceunos ter solucionado o noso futuro colectivo. Xa eramos europeos.

Europa demostrou ter varias velocidades, varias clases, e nós apuntámonos á máis veloz, á máis Europa. Varremos fronteiras, e non só físicamente, liberamos os mercados, supeditamos moitas das nosas decisións máis primarias e valiosas ao parecer colectivo, e ingresamos na moeda común arrumbando a modesta peseta que, mal que ben, valeunos arredor de douscentos anos.

Creamos, contribuímos a crear, os Estados Unidos de Europa, pero se nalgúns aspectos cedimos demasiadas competencias noutros reservámonos o principal. E os cementos que unen as nacións con Estado, e dentro delas as chamadas nacións sen Estado, foron dos que fraguaron rápido pero teñen menor resistencia que os que o fan lentamente.

E agora dóenos Europa –antes, aos intelectuais doentes doíalles España- porque formamos parte dela, pero cada vez decidimos menos. E toman acordos sobre a pesca que nos agreden sen consultarnos, e os paises de primeira solucionan os seus problemas a costa dos de segunda, se é que nesa categoría xogamos.

Parodiando ao gran poeta, “se esta é a Europa que fixemos...”. algo fixemos mal ou a destempo. E cada vez queda menos tempo para tomar decisións que nos gusten a nós, que levamos demasiado tempo acomodándonos ao que os demais pensan que debemos facer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES