Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O "pago extra" pola Extra de Nadal

viernes, 03 de agosto de 2012
Pódeselle chamar “pago extra” da “extra” á controversia que nestes momentos existe en Galicia, pola próxima paga de Nadal dos funcionarios dos concellos onde cogoberne o Bng.

Nunha decisión do goberno central que sempre será discutible, suprimiuse a paga extraordinaria dos funcionarios públicos, como medida de aforro e exemplaridade.

Estas pagas extraordinarias proceden como mínimo dos anos do primeiro franquismo, para completar o magro ingreso funcionarial, como recoñecemento estatal de que sempre era escaso o que se lles pagaba aos funcionarios. E o que foi complemento miserento en tempos difíciles prolongouse no tempo é é complemento sustancioso en tempos de normalidade, que se suprime cando hai problemas. O bo da cuestión é que de paso nos enteramos que tamén cobraban extraordinaria os políticos de todo tipo, gobernantes, deputados, senadores, independentemente das condicións económicas que disfruten.

O funcionariado está afeito a ser o chivo expiatorio de todo gobernante, e entendo que asumen ou asumirán esta perda económica, temporal ou definitiva, tendo en conta que se hai que facer sacrificios por parte de todos eles xa teñen aportado a súa boa parte a un labor que agardan se efectúe a todos os niveis.

Por lóxica, o resto das administracións teñen que asumir as decisións do goberno central, en materias comúns ou xenerais como esta e a insubmisión que o Bng promove en Galicia vólvenos ao tempo en que non tiña acceso ao goberno das administracións e calquera utopía era posible plantear e defender.

Neste caso, hai alcaldes do Bng que xa asumiron que as obrigas legais hai que cumprilas. E o PSOE, nas institucións que gobernan conxuntamente, para non dar unha negativa ao tema estudia xeitos de “complementar”, a xeito de “pago extra” aos funcionarios que perdan a paga extra.

Que está ben de cara a galería, pero -de producirse- viría incrementar as prebendas que os funcionarios municipais e provinciais tiveron sempre por riba do resto do funcionariado.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES