Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castellano e Glez.-Bueno piden perdón

viernes, 20 de julio de 2012
En 1970 estreouse a película LOVE STORY, baseada nunha novela de Erich Segal, protagonizada por Ali Mc Graw e Ryan O Neil, que foi considerada unha das películas máis románticas –coido que querían traducilo como empalagosas- de todos os tempos. O remate da película, que provocou que o autor perdera a súa cátedra universitaria de literatura, era unha frase que quedou gravada para a posteridade de xeito indeleble: Amar, significa non ter nunca que dicir “Síntoo”.

Dicir síntoo, pedir perdón, é traballoso e moito máis cando se fai publicamente. Xa non digamos en anuncios publicados en case todos os medios do país polo Presidente de Nova Galicia Banco, José María Castellano e o Conselleiro Delegado, César González-Bueno, pedindo perdón polo que confesan se fixo mal.

Se aquela frase da mítica película fose verdade, a petición de perdón dos altos cargos da entidade na que se convertiu a fusión de Caixa Nova e Caixa Galicia, significaría que non nos queren, ou que se deron conta tarde. Claro que o perdón pídeno no nome dos que xa non están, dos que se supón causaron os problemas nos que hoxe a entidade se ve envolta.

É curioso que nas enquisas que se nos fan aos españois, nas que antes os principais problemas eran o terrorismo, a seguridade cidadá, a economía... agora resultan ser o paro, a economía, os políticos, a corrupción, e os bancos, porque seica descubrimos que non nos queren máis ca polo interese, e comprobamos que o que é interesante para eles non é o máis interesante para nós.

Pero debe ser a primeira vez que dous banqueiros piden publicamente perdón polos desaxustes cometidos polo seu banco, neste caso polos anteriores rexedores dunhas entidades que se nos vendían como as máis seguras e firmes do mundo e agora vemos son tan febles como calquera de nós.

O perdón tiñan que pedilo os responsables que levaron ás entidades a unha situación terminal da que agora se intenta saír, mesmo con petición de perdón – confesión de boca, que antes se dicía da visita aos confesonarios- pero ata o de agora ninguén responsable daquela desfeita – políticos e sindicalistas incluidos- dixo unha sóa palabra, fose ou non de disculpa.

Hai que recoñecer que a petición de perdón, con todos os seus matices, é unha acción valente, orixinal, mesmo arriscada que alomenos merece ser medida e sopesada. Porque eso de que amar significa non ter que pedir perdón, pode valer para as historias que o cine reflicte, pero no mundo da economía – neste caso, da banca máis inmediata a nós – pedir perdón, decir que o mal feito provoca arrepentimento- é sinal de que rematou o tempo da soberbia, da avaricia e que –se non é moi tarde- estamos no tempo de empezar a facer as cousas ben.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES