Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Circo parlamentario

viernes, 20 de julio de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Hoxe vou comezar cunhas declaracións ditas polo vicepresidente da ONU Jean Ziegler, :....”Vivimos en un orden mundial criminal y caníbal, donde las pequeñas oligarquías del capital financiero deciden de forma legal quién va a morir de hambre y quién no. Por tanto, estos especuladores financieros deben ser juzgados y condenados, reeditando una especie de Tribunal de Núremberg”. España no debería pagar su deuda porque es delictiva e ilegítima”.

Os últimos recortes do PP expostas no Parlamento o mércores pasado, ían acaneados de odio e desprezo castigando como penitencia ás xentes boas e humildes. Así foi, xa que a actuación do grupo do PP rindo e aplaudindo como tolos alentando a futura pobreza de millóns de cidadáns como se a cousa fora un circo. Ata houbo unha deputada de nome Andrea Fabra que, (filla dun corrupto e promotor dun aeroporto que só aterran gaivotas ) cando o Presidente Rajoy expoñía os recortes aos parados, dáballe á cabeza como unha posuída e insultando coas palabras: ¡Que se jodan!. O estraño era que non riran, aplaudiran e insultaran xa que esa é a súa ideoloxía, o levan no ADN.

Baseándome en Jean Ziegler, estes recortes son tan só roubos que engordan a cobiza dos banqueiros, grandes empresarios e defraudadores e desde a tribuna do Parlamento o Sr. Rajoy dicía que, non hai outras alternativas, mentira “cochina”. Claro que as hai, a primeira para min sería da que fala este alto cargo da ONU, seguido da de Islandia e as que propoñen con máis sentido común algúns grupos políticos do arco parlamentario. Cando se di que non hai alternativas o estado convertese en ditadura, a democracia está para atopar unha alternativa máis xusta para a maioría.

Síntome moi orgulloso e coa conciencia tranquila de ser un do 71 por cento que non votou a estes desalmados.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES