Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sextina a Rato, o meu gato

miércoles, 18 de julio de 2012
El tiña un bo bigote, o meu gato
e vivía solteiro, aquí na casa,
tiña soamente sete, sete vidas,
sete vidas, cada unha vinte anos,
cariñoso e efusivo, era ás veces
e un día empecei a chamarlle Rato.
O nome do meu gato era Rato,
un bo nome non era para un gato.
Non era un gato falso, só ás veces,
pensei que morrería aquí na casa.
Ía na quinta vida, moitos anos,
e só viviu comigo as cinco vidas.
Resgou moitos sofás en cinco vidas,
púidenlle chamar Sete e non Rato.
El mexou nun deserto moitos anos,
buscou a Speedy González, era un gato,
daquela que viviu na miña casa,
el era un solitario, un gato ás veces.
O día que marchou, chorei ás veces,
alí no meu sofá pasou as vidas,
fíxenme amigo del, aquí na casa.
Chegou Speedy un día, era un rato,
e ó ver que aquí na casa non hai gato
“Aquí teño una casa para uns anos.”
Rato comeu as moscas moitos anos,
nunca o vin enfadado, triste ás veces,
celoso e cariñoso, era un gato.
El presaxiou mil sismos nas súas vidas,
e só comía as moscas, nunca un rato,
e non viñan as moscas aquí á casa.
E volveron as moscas aquí á casa,
rastrexárona ben, coma outros anos,
e non viron ó gato, só un rato,
que non comía queixo, só ás veces.
Con Rato non vivín as outras vidas,
e endexamais volveu o amigo gato.
E dicía que un gato noutra casa,
viviu vinte anos máis outras dúas veces.
Viviu outras dúas vidas, dixo un rato.
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES