Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ata setembro

jueves, 12 de julio de 2012
Rajoy deu á luz unha serie de medidas de tipo económico e social, que posiblemente conteñan o furor dos mercados durante o que queda de verán, aguantando así ata setembro no que serán precisos máis recortes.

Desde que é Presidente do Goberno vai de renuncio en renuncia, inxerindo sapos en trago largo, retirando de facto todo tipo de promesas electorais, confesando o difícil que lle resulta tomar decisións en contra do seu pensamento, ningunha incursión no mundo da fantasía económica se ten traducido en tranquilidade aínda que non fose moi duradeira.

Europa esixe duros sacrificios, e o noso presidente abrahánico non dubidou en sacrificar ao seu Isaac na pira de todos os soños que unha vez queimados se evidencian realidades, pero nesta ocasión non houbo ningunha voz de ultratumba que o detivera –que o deteña- antes da toma de decisións traumáticas, desesperadas.

Mediado o mes de xullo, en teoría levamos recorrido xa a cuarta parte do verán, e noutros anos unha decisión coma esta do Presidente e o seu goberno tivera collido ao País co pé cambiado, como a histórica legalización do Partido Comunista por Suárez en plena Semana Santa.

Non hai pés cambiados nin sonos dunha noite de verán. Hai decisións drásticas, terminais, agónicas, que agardamos nos permitan resistir ata setembro. Logo, Deus (A deusa Europa) dirá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES