Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre o Códice reaparecido

sábado, 07 de julio de 2012
Xa sei que agora é doado dicilo, pero dende que se soubo da súa falta, eu tiven a convicción de que se trataba dun roubo con implicacións domésticas. Unha convicción apoiada nunha razón tan lóxica como a súa difícil posta no mercado negro da arte e, aínda indo máis lonxe, cheguei a dicir que ao meu parecer o Códice seguía na catedral, aínda que trasladado a un lugar recóndito dela, onde só o seu espurio manipulador, ou unha alianza do azar e o tempo, fose quen de localizalo. Mais, velaí, o libro reapareceu, a poucos quilómetros, pero fóra do recinto sagrado, nun garaxe, respirando cemento e abandono, por vez de incenso e santidade.

Como consecuencia da miñas sospeitas sobre o causante da desaparición, cheguei tamén á conclusión de que o móbil podería ser a vinganza e polo que se le nos xornais ese é o único motivo que fixo viaxar o Códice ata O Milladoiro, onde apareceu humillado, si, aínda que enteiro, afortunadamente.

Así pois, aínda que me alegrei de que fora atopado, non me sorprendeu demasiado a aparición do libro. Si que me sorprenderon unha miga as palabras do responsábel do achado, o comisario xefe da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Policía (UDEV), don Serafín Castro. E digo unha miga, porque a estas alturas xa hai poucas cousas destas que me sorprendan. Dixo don Serafín- que ao parecer naceu nestas terras – do tal Manolo: "Es un hombre de carácter cerrado, oscuro, gallego". E aínda engadiu desenvolto: “acumulaba el dinero para guardarlo debajo del ladrillo, como todos los gallegos".

Repito que a estas alturas teño escoitado imbecilidades de todo tipo e eu son dos que me río dos chistes de galegos que fan en Arxentina, porque quizais tamén son unha vinganza contra os galegos que se enriqueceron alí. Ata entendo, malia que me excite o vómito, que unha ignorante e descoñecedora absoluta desta terra como Rosa Díez, meta o tacón de agulla na bosta con tanta torpeza, pero estráñame algo que un home nado aquí, poida dicir o que dixo este comisario. Deixándoo a el de lado, xa que polas súas palabras está da nosa cultura absolutamente desleigado, talvez hai que supor que a súa familia máis achegada, poñamos por exemplo os seus pais, gardaban os cartos debaixo do ladrillo? Ata eu entendo que cando un delincuente non quere confesar un delito se peche en banda e responda con frases evasivas ou escuras, pero é que ese comportamento dun delincuente interrogado é comparábel as de calquera galego que ande pola rúa? É para dubidar ata da súa pericia como policía.

Este delincuente concreto, ademais, demostrou que á parte de enfermo mental, é un parvo de solemnidade. E por se alguén o esquece, foi o xuíz o que detectou o libro, senón quizais aínda estivese agora no garaxe.
Novo, Isidro
Novo, Isidro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES