Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Balotelli

martes, 03 de julio de 2012
Balotelli é un negro negrísimo, xogador de futbol da selección italiana posuidor dunha pegada demoledora que lle valeu ser un dos maiores goleadores deste eurocampeonato balompédico. Un destes goles marcouno fronte Alemania nun partido decisivo para o paso á final do campeonato.
Aquel gol, polo tanto, valía ouro para os italianos.

Balotelli, entón, para celebralo quitouse a camiseta e quedou inmóvil, amosando toda a súa cor negra de todo o seu atlético corpo, mirando desafiante cara o público e ás televisións que o enfocaron. Algúns xornais non tiveron outra ocorrencia que identificar o seu xesto co terrible Hulk, aquel horripilante monstruo de cor verde no que se convertía o protagonista da serie. Outra forma de tratar de disimular un racismo agochado na categoría de comic, incapaces na súa insidia de interpretar valentemente o que na realidade estaba declarando ao mundo o futbolista co aquel acto, que non era outra cousa que o orgullo da súa negritude, como fixeran anos atrás nunhas olimpiadas os negros USA, que erguían o puño nos seus triunfos.

A imaxe semiespida dunha persoa que nese instante convertírase nun heroe para todo un país e sentíase admirado por millóns de persoas que ollaban o partido, era un berro para decirlles, isto o fixo un negro, ese negro ao que insultades nos campos de futbol pola súa cor, ese negro ao que no colmo da humillación lle botades plátanos. Ese heroe que aplaudides agora a rabiar quere decirvos con este xesto que sigue sendo negro da cabeza aos pés, por si neste momento vos esquecérades.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES