Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O leite, un problema

lunes, 28 de febrero de 2005
A dependencia do leite, que é absoluta nos primeiros tempos da nosa existencia e da maioría das especies do mundo que nos rodea, segue durante toda a nosa existencia, por ser un elemento vital para a alimentación humana.

A dependencia do leite da economía galega vai case parella á da alimentación, por terse orientado hacia a súa producción a maioría das explotacións gandeiras, por garantir unha continuada fonte de ingresos ó entender que o seu consumo está fora de vaivéns estacionarios e, polo tanto, de grandes altibaixos.

Pero o mercado ten factores foráneos que poden distorsionar o sector lácteo en beneficio de outros intereses ben diferentes.

Así, Unións Agrarias ven de denunciar que grandes superficies de Galicia están vendendo leite a precios máis baixos do seu custe real, práctica que entende está prohibida, xa que todo o que sexa inferior a 0,50 € litro significa perder diñeiro, e no mercado existe leite semidesnatado a 0,40 € litro, e desnatado a 0,42.

Non son marcas coñecidas, e algunhas corresponden ás xenéricas dos propios establecementos, pero son precios desaxustados dentro dun mercado que rexistra incrementos de custos paulatinos mentras que os productores seguen a percibir 0,31€ por litro producido.

O leite é o sostén de moitos miles de persoas que se adican en todo Galicia á súa producción de forma industrial ou semiindustrial. Pero a falla de asociación dos productores déixaos con escasa forza diante das grandes empresas que recollen e transforman o leite. Pero menos forza teñen -ningunha, quizais- diante das grandes superficies comercializadoras, que manexan ó seu antoxo fortísimos mecanismos que por comodidade colectiva puñemos na súa man e que agora se volven contra de nós, dos intereses do
sector lácteo e, en definitiva, dos intereses de Galicia.

O leite é un problema para as xentes do leite. Que o afronten as autoridades na materia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES