Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra Rusia, ¿outro Putin?

martes, 26 de junio de 2012
De limitarnos aos datos oficiais, os procesos electorais vividos en Rusia recentemente revelaríannos que Vladimir Putin conta co apoio maioritario dos rusos. Tanto nas lexislativas como nas presidenciais, cuns niveis de fraude mais ou menos relativos pero en calquera caso inferiores aos rexistrados en comicios precedentes segundo o ditame dos observadores externos, as porcentaxes obtidas son calcadas ás previsións das sondaxes previas. Non obstante, o proceso amosou tamén un dato novo, a existencia dunha franxa da sociedade civil que rexeita o trasnoitado culto ao “líder forte, destemido e invencible”, acusando a fatiga dun liderado que precisa ir mais alá da caricatura dos últimos anos, encarando de vez os problemas estruturais que afronta o país.

Como consecuencia en boa medida do alza dos prezos do petróleo, Putin, no poder desde 1999, logrou reverter o proceso de bancarrota da economía e da sociedade rusa. En termos xerais, o nivel de vida mellorou, repuntando incluso no declive demográfico, que fora continuo ata 2007, e tamén na influencia internacional do país. Entre os buratos negros, pola contra, cabe significar, entre outros, a escasa diversificación da economía, o auxe dos tics autoritarios, a corrupción rampante ou a cronificación da represión no Cáucaso. En todas estas frontes, Putin precisa introducir agora reformas substanciais atendendo no inmediato á necesidade de superar a dependencia enerxética e as dificultades de seguridade no Cáucaso ante os xogos Olímpicos de 2014 a celebrar en Sochi, próximo a Daguestán e Chechenia, con significativa presenza rebelde.

En materias como a corrupción será difícil que se promovan cambios significativos por canto o aparato presidencial é o xestor cualificado desa rede de complicidades cos grupos de presión que circundan o Kremlin. Tampouco cabe agardar do nomeamento de Medvedev como primeiro ministro unha alternativa moderadora do seu conservadorismo pois este tennos demostrado ata a saciedade a súa condición de leal executor dos mandatos do seu mentor pese ás escenificacións dun calculado liberalismo autónomo.

O futuro da oposición extraparlamentaria xurdida ao abeiro das redes sociais é a maior incógnita inmediata da política rusa. A súa unidade contra Putin semella lonxe aínda de cristalizar en movementos e liderados (Alexei Navalny, a figura mais prominente, presenta moitas zonas escuras) que afasten a idea do caos como única alternativa posible, un argumento que Putin utiliza para impulsar corsés legais e represivos. Isto explica que a reivindicación de liberdades democráticas se incorpore con forza á axenda pero non garante que este movemento perdure ata confirmarse como opción se non arbitra un programa diferente.

Na medida en que ata 2014 cabe agardar que o Cáucaso volva a primeiro plano da política rusa terán aí unha oportunidade para desmarcarse do nacionalismo belicoso de Putin pulando por outras opcións que pasen páxina da barbarie abandeirada por Moscova, sabedora do silencio cómplice do mundo exterior.
IGADI
IGADI


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES