Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2012: Ano do envellecemento activo

jueves, 21 de junio de 2012
2012: ANO EUROPEO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E A SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL

O alumnado da Uned Senior de Xestoso integrado por persoas de idades commprendidas entre os 55 e os 80 e moitos anos; procedentes dos concellos de Paderne, Monfero e Aranga na provincia de A Coruña e os de Guitiriz e Xermade , na provincia de Lugo, quere sumarse á CELEBRACIÓN DA ANO EUROPEO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO, aportando as súas vivencias relacionadas con este tema.

Por lei de vida, todos imos envellecendo desde o mesmo día en que nacemos. É algo irremediable, tanto para os da cidade como para os da aldea; pero o modo de envellecer duns e outrtos é diferente.

1.- Cando se xubila unha persoa da cidade, pode optar por integrarse nalgunha actividade ou por quedarse na casa.
Se se integra nalgunha asociación, ONG, etc, a súa vida comenza unha nova etapa.
Se se encerra na casa, cada día vai perdendo contacto co medio e coa vida mesma, vaise quedando soa ata que chega un momento no que non lle encontra sentido á súa vida porque non ten ningún aliciente.
A parte deso, a sociedade tampouco se benficia da súa experiencia e coñecementos. É malo para todos

2.- A persoa do medio rural, como somos nós, recibimos a xubilación de xeito diferente ós da cidade.
Se a saúde nolo permite, seguimos activos na mediada das nosas posibilidades.
Aínda conservamos en certa medida os valores familiares de toda a vida así como a relación interxeracional.
Mantémonos activos cultivando a nosa horta que nos alimenta con productos ecolóxicos, e coidando os nosos montes que nos abastecen de materia prima e aire puro.
Criamos os nosos propios animais domésticos que nos abastecen de carne da melloriña.
Celebramos o entroido comendo en comunidade lacón con grelos de Xestoso.
Mantemos as nosas relacións familiares e de veciñanza de toda a vida.
Incrementamos a nosa sabedoría matriculándonos na Uned Senior de Xestoso, que mellorou en boa medida as nosas vidas. Agradecemos a iniciativa ó noso Coordinador: D. Luis Ángel Rodríguez Patiño.
Sentímosnos uns privilexiados. Desexamos que a Uned Senior se extenda por toda a Galicia rural para que tódolos maiores do medio rural galego poidan decir o mesmo.
Ampliamos os nosos coñecementos recibindo con aporveitamento as maxistrais ensinanzas dos nosos queridos Profesores.
Facemos amistade cos persoas dos cinco concellos que forman esta aula da Uned Senior de Xestoso.
Viaxamos por Galicia, por España e por onde toque. Sobre todo saboreamos semanalmente a paixaxe, a cultura, o patrimonio e a gastronomía galegos.
Seguimos celebrando as festas patronais en cada parroquia.
Conservamos as tradicións ó memos tempo que avanzamos co progreso do momento actual.
Estamos abertos ás novas tecnoloxías para poñernos ó día en todo.
Respiramos aire puro que nos proporciona a natureza e as árbores que plantamos coas nosas propias mans.
Bebemos auga pura dos nosos mananciais e tamén viño do país.
Tomamos leite das nosas vacas e queixo feito na casa.
E facemos tortillas con ovos postos polas nosas galiñas.
Tamén participamos en actividades diversas doutras asociacións de maiores que velan polos nosos intereses.

Pero, aínda así, botamos en falta: Centros de día, médicos xeriatras, residencias para a Terceira Idade, fisoterapeutas, podólogos, Centros de Formación para Maiores e outros porque somos conscientes de que a ancianidade necesita moita máis atención por parte das institucións; dado que son moitas as persoas maiores que non poden levar unha vida digna e activa, ben sexa por razóns de saúde, económicas, falta de servizos ou de outra índole.

¡Queda moito por facer en favor da ancianidade!


MERCEDES CACHAZA PLATAS
(Alumna da Uned Senior Xestoso MONFERO Aula de PADERNE (A Coruña)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES