Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Silencio

miércoles, 23 de febrero de 2005
Cabo Verde, Perú, Senegal e Galicia están de loito.

Na costa da provincia de Lugo conviven xentes procedentes das máis diversas xeografías da pobreza, que conflúen nun lugar en tempos pobre e hoxe emerxente entre outras razóns pola forza da conxunción de miserias.

A do vintedous de febreiro foi xornada de loito para a costa lucense, para Galicia e para o mundo do mar, orixinando que o Instituto Social de la Marina aprazase a celebración do setenta e cinco aniversario da súa fundación, e adoptase un silencio expresivo diante da traxedia.

O mar sempre foi traxedia. O pescado sempre foi caro, aínda que a forza expresiva dun pintor mediterráneo axudase a poñelo en evidencia. E tódolos sensibles ó que ocorre ó arredor refuxiámonos nun silencio expectante e dorido diante da forza da natureza que se ensaña sempre -covarde- cos máis pobres: Cabo Verde, Perú, Senegal e Galicia.

Esa gran finca que é o mar, onde os de terra adentro vemos inacabable leira fabulosa onde non é preciso sementar nin labrar, esixe de cando en vez tributo de antigo tirano, e autoofréndase preciosas vidas para manter a súa lonxana e profunda autoridade baseada no medo ó descoñecido e á morte.

E diante desa autoofrenda, nós, débiles mortais, só podemos reaccionar co silencio.

Que ese silencio non sexa menosprecio, nin ignorancia, nin distancia, nin peche de ollos diante da dura realidade. Que ese silencio sexa dor, comprensión, valoración, sintonía... coas xentes do mar, que viven do mar, que morren no mar.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES