Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diante de Europa, unha sóa voz

miércoles, 20 de junio de 2012
Énchesenos a boca falando de Europa, pero logo evidenciamos que non estamos en Europa, entidade que consideramos allea e lonxana. E sen embargo formamos parte de Europa, dos inconvintes que a Unión plantea e, naturalmente, se sabemos aproveitalas, das súas vantaxes.

Pero en Europa, parécenos, sabémolo, hai Estados de primeira e de segunda, e non só no aspecto económico. Estados que son respectados e Estados que se consideran un tanto “folclóricos”. O carácter de latinos frente á sobriedade norteña pode ter bastante que ver.

Os maiores problemas estanse evidenciando en paises latinos – Grecia, Italia, Portugal, España... – coa excepción de Irlanda, onde non mandou o temperamento senón a imprevisión e o desgoberno.

Moito ten que ver nesta imaxe de membros europeos da Unión o talante dos representantes políticos de cada Estado, a posta en común de opinións e posturas, a harmonización entre as diversas forzas políticas que de cara ao exterior teñen que confluir e presentar unha sóa postura, opinión, diante do conxunto de Europa.

Algo temos avanzado nos últimos tempos cando alomenos nalgún asunto o titular do goberno e o xefe da oposición falan a mesma linguaxe e teñen as mesmas opinións, porque estamos no momento preciso e delicado en que hai que unificar mensaxes e falar por España e non pola forza política de cada quen.

Que esto se extenda a outros temas é unha necesidade e un desexo xeral. Só falla que os interesados o teñan en conta, e vaian coordinándose para non dar unha fatal imaxe de desunión que á vez evidencia o mal que andan as cousas entre nós.

Diante de Europa, pois, unha soa voz. E os problemas de criterio resolvelos dentro, entre nós, dialogando, porque – suponse- o interese de todos é o conxunto dos cidadáns, infinitamente superior aos intereses privados de todos nós. E dos intereses dos partidos políticos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES